Proteína integral de membrana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 16:
===Proteína integral politópica===
{{AP|Proteína transmembrana}}
O tipo máis común de proteína integral de membrana é a [[proteína transmembrana]] (TM), que se estende por todo o grosor da membrana. As proteína '''dun só paso''' cruzan a membrana só unha vez, mentres que as proteínas '''multipaso''' teñen unha cadea polipeptídica ondulante que pasa dun lado a outro varias veces. As proteínas transmembrana dun só paso poden clasificarse como de Tipo I, que están situadas de modo que o seu extremo [[carboxilo terminal]] está cara ao [[citosol]], ou de Tipo II, que teñen o seu [[amino terminal]] cara ao citosol. As proteínas de Tipo III teñen moitos dominios transmembrana nun só polipéptido, e osas de Tipo IV constan de varios polipéptidos diferentes ensamblados formando un canal a través da membrana. As de Tipo V están ancoradas na [[bicapa lipídica]] por medio do enlace covalente cun [[lípido]]. Finalmente, as de Tipo VI teñen tanto o dominio transmembrana como unha áncora lipídica.
<ref>Nelson, D. L., & Cox, M. M. (2008). Principles of Biochemistry (5th ed., p. 377). New York, NY: W.H. Freeman and Company.</ref>