Virtuosismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
 
Piquito (conversa | contribucións)
traduzo de pt.wiki
Liña 1:
[[Ficheiro:Virtuoso Virtuosi Collage Montage.png|miniatura|300px|1ª fila dende a esquerda: [[Frédéric Chopin]], [[Niccolò Paganini]], [[Franz Liszt]], [[Luigi Boccherini]].<br />2ª fila dende a esquerda: [[Arthur Rubinstein]], [[Sergei Rachmaninov]], [[Yo-Yo Ma]], [[Itzhak Perlman]].]]
Un '''virtuoso''' (do [[latín]] ''virtus'', que significa: virtude, habilidade, excelencia) é unha persoa que posúe unha habilidade fora do común empregando un [[instrumento musical]].<ref>[http://www.priberam.pt/DLPO/default.aspx?pal=virtuoso Definicións de virtuoso] {{pt}}</ref> Durante a época da [[música barroca]], moitos, se non todos os compositores eran tamén ''virtuosos'' nos seus respectivos instrumentos.
 
== Historia ==
O significado de virtuoso ten a súa orixe na [[Italia]] dos séculos [[Século XVI|XVI]] e [[Século XVII|XVII]], significando un termo honroso reservado ás persoas distinguidas nalgún área intelectual ou artística, sendo outorgado a un gran número de músicos. O termo evolucionou co tempo, alargando e simultaneamente estreitando as interpretacións que tiveron máis ou menos uso. Orixinalmente un músico era honrado coa distinción sendo compositor, teórico ou un famoso [[director de orquestra]], e o máis importante de todo, sendo un artista de grandes cualidades. <ref>{{cita web || url=http://www.grovemusic.com || título=Grove Music Online || autor=Grove Music Online || data=[[14 de marzo]] de [[2006]] }}</ref>
 
''Sebastien de Brossard'' no seu ''Dictionaire de Musique'' aborda a palabra virtuoso pola súa orixe latina ''virtu'', enfatizando a formación excepcional, especialmente a parte teórica.<ref name="brossard">{{Cita libro | autor = Sebastien, de Brossard | título = Dictionaire de Musique | edición = 2ª Edición | lugar = Paris | editor = Christophe Ballard | ano = 1703 }}</ref><ref name="brossardweb">{{cita web || url=http://www.greatbassviol.com/brossard.html || título=Brossard || autor=Joëlle Morton || data=[[24 de agosto]] de [[2006]] }}</ref> Esta posición foi tamén defendida por Johann Gottfried Walther en ''Musicalisches Lexicon'' ([[1732]]), dando máis valor ao teórico que ao intérprete. En ''Der brauchbare Virtuoso'' ([[1720]]) Johan Matthenson mantén o respecto polo tradicional ''"theoretische Virtuosen"'' (virtuoso teórico), mais tamén presta tributo ao ''"virtuosi prattici"'' (virtuoso prático).<ref>[http://www.edition-tre-fontane.de/Inhalt/Noten/ETF2017/ETF2017.html]</ref>
 
Mais o énfase ao virtuoso teórico tamén foi defendida por Johann Kuhnau no seu libro ''Der musikalische Quack-Salber'' ([[1700]]), onde define ''"músico altamente dotado"'' ou ''"virtuoso prático"'' como nada máis que unha persoa con gran prática.
 
Máis tarde, no [[século XVIII]], o termo comezou a ser empregado para describir ao músico, instrumentista ou [[vocalista]] que tiña unha carreira como solista.
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
[[Categoría:Música]]