Pegada xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 146:
*O primeiro uso do perfil de ADN nunha investigación ocorreu en 1986, en [[Inglaterra]], onde Richard Buckland foi exonerado polas probas de ADN, a pesar de que se confesara autor da violación e asasinato dunha moza preto de [[Leicester]] (precisamente, a cidade onde se descubriu o perfil de ADN).<ref>{{cite news| url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/programmes/newsnight/8245312.stm|work=BBC News|title=DNA pioneer's 'eureka' moment|date=September 9, 2009|accessdate=April 1, 2010}}</ref>
*En 1987, na investigación do mesmo caso en que fora acusado Buckland, Colin Pitchfork foi o primeiro criminal capturado e condenado polas probas de ADN.<ref>Joseph Wambaugh, ''The Blooding'' (New York, New York: A Perigord Press Book, 1989), 369.</ref>
*En 1988 foi condenado por primeira vez en España unha persoa por probas do seu perfil de ADN nun caso de violación e asasinato, que foron analizados pola cátedra de Medicina Legal da Universidade de Zaragoza. A condena foi de 34 anos de cárcere.<ref>El ADN. [http://webs.demasiado.com/elpalleter/qpa24.htm]</ref>
*A pegada xenética tamén ten servido para exonerar con posterioridade a persoas que foran condenadas erradamente anos antes de que se empezasen a practicar ditas análises ou en casos en que estas non se realizaron no seu momento. En 1989, en [[Chicago]], [[Gary Dotson]] foi a primeira persoa cuxa sentencia de culpabilidade foi anulada baseándose en análises da pegada xenética. En 1993, [[Kirk Bloodsworth]] foi a primeira persoa condenada a morte (en 1985) cuxa condena foi anulada por probas de ADN, afortunadamente antes do cumprimento da sentencia.
*En 1992, utilizáronse probas de ADN para demostrar que o corpo enterrado en Brasil co nome de Wolfgang Gerhard era en realidade o médico [[nazi]] [[Josef Mengele]].