Liubliana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
|align="center" colspan=2|[http://www.ljubljana.si/ www.ljubljana.si Páxina oficial]
|}
'''Liubliana''' (en [[lingua eslovena|esloveno]]: ''Ljubljana'', literalmente: ''A cidade que se ama'', en [[lingua alemá|alemán]]: ''Laibach'', en [[Lingua italiana|italiano]]: ''Lubiana'') é a [[capital]] de [[Eslovenia]], situada entre os ríos [[Río Ljubljanica|Ljubljanica]] e [[Río Sava|Sava]]. A súa poboación é de 310.000 habitantes.
 
== Historia ==
Aínda que xa os [[Imperio romano|romanos]] a chamaron [[Emona]] (''Colonia Emona (Æmona) Iulia trubu Claudia'') e que fora erixida no [[s. XV a.C.]], o seu nome actual non é mencionado por primeira vez ata [[1144]] (baixo o nome [[lingua alemá|alemán]] de ''Laibach'') e en [[1146]] (co nome de ''Luwigana'').
 
Despois de ter sido recoñecida como cidade en [[1220]], Liubliana pasou a formar parte do imperio dos [[Habsburgo]] en [[1335]]. Converteuse no centro dunha [[diocese]] en [[1461]] e desenvolveu unha cultura eslovena durante a [[Idade Media]]. Os Habsburgo de [[Austria]] gobernaron a rexión cunha interrupción debida ás [[guerras napoleónicas]]. Entre [[1809]] e [[1813]] Liubliana foi a capital das [[provincias ilirias]] pertencentes ao [[Primeiro Imperio francés]]. En [[1821]] a cidade acolle o [[congreso de Laibach]].