Complementariedade (bioloxía molecular): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
+/- Bild
Liña 1:
[[Ficheiro:GCBase DNApair base pair-esGC.svg|miniatura|Un par de bases '''G≡C''' con tres [[enlace de hidróxeno|pontes de hidróxeno]]. As pontes de hidróxeno móstranse como trazos descontinuos.]]
[[Ficheiro:ATBase DNApair base pair-esAT.svg|miniatura|Un par '''A=T''' con dúas pontes de hidróxeno.]]
En [[bioloxía molecular]] a '''complementariedade''' é a propiedade compartida por dúas [[secuencia de nucleótidos|secuencias de ácidos nucleicos]] que consiste en que cando ambas están alineadas de forma [[Antiparalelo (bioquímica)|antiparalela]], as [[base nitroxenada|bases nitroxenadas]] dos [[nucleótido]]s dunha das secuencias en cada unha das posicións corresponden na outra secuencia con outra base determinada, sempre a mesma, que se considera a súa '''complementaria'''. Por tanto, a complementariedade é unha '''complementariedade de bases'''. Dúas bases son complementarias se forman [[par de bases|pares de bases de Watson e Crick]], que poden establecer [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] estables entre elas. O grao de complementariedade entre dúas febras de [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]] que se comparen é moi variable, desde total a nula, e mesmo ácidos nucleicos de distintas especies poden ter un grao de complementariedade, que lles permite hibridarse en certos tramos. As dúas febras do ADN son complementarias entre si, e un ARN acabado de [[transcrición xenética|transcribir]] é complementario coa febra [[sentido (bioloxía molecular)|antisentido]] ou molde do ADN a partir da cal se transcribiu.