Contra naturam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m HombreDHojalata moveu a páxina "Contra natura" a "Contra naturam": explicado no propio texto do artigo
pequenas variacións no latinismo
Liña 1:
'''Contra naturam''' é unha [[locución latina]] que significa literalmente “contra a natureza”. Esta locución latina, que propiamente serve para denunciar o que é contrario ás leis da natureza, utilízase, sobre todo, nun contexto moral para denunciar aquelas relacións sexuais afastadas dos bos costumes, que se estigmatizan desde determinadas posicións ideolóxicas como contrarias ao que é natural. Nesta consideración estarían desde a [[homosexualidade]] ata a [[zoofilia]], pasando polo [[incesto]], ou [[sadismo]], e un longo [[etcétera]] de prácticas supostamente desviadas.
 
Como ocorre con outras expresións latinas, adoita utilizarse incorrectamente en numerosas ocasións. Na fala corrente é habitual suprimir o [m] do [[acusativo]] latino, de modo que o máis normal é escoitar falar de comportamentos ou accións ''contra'' ''natura'', sendo esta unha forma incorrecta, xa que a preposición ''contra ''rexe en latín o caso acusativo.
 
Este latinismo tamén se utiliza en contextos filosóficos, científicos ou xurídicos con sentido propio, afastados de valoracións morais.