Pazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3400170
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
En Galiza chámaselle '''pazo''' a unha [[casa]] tradicional, grande para o seu tempo, residencia de persoas importantes na súa [[comunidade (socioloxía)|comunidade]] (antes, de [[rei]]s ou [[nobreza|nobre]]s). Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase [[fidalguía|fidalga]], que retrataron nas súas novelas escritores coma [[Otero Pedrayo]], [[Emilia Pardo Bazán]] e [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]].
 
Ó pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de [[Foro (contrato)|foros]], que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en [[Lingua portuguesa|portugués]]: '''''paço''''') é un [[cognado]] de ''[[palacio]]'', pois procede do latín ''palatiu(m)''. Os pazos de [[Galiza]] son un excelente exemplo de [[arquitectura]] civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha [[capela]] propia para celebracións relixiosas.