The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
m ampío de en.wiki
Liña 26:
Brian Jones decidira iniciar unha banda pola súa conta, e puxo un anuncio en ''Jazz News''. Ian Stewart atopou un lugar para ensaiar e uníuse a Jones para iniciar un grupo de [[rhythm and blues]] tocando blues de Chicago. Pouco despois, Jagger, Taylor e Richards deixaron Blues Incorporated para unirse a Jones e Stewart. Ao primeiro ensaio tamén foron o guitarrista [[Geoff Bradford]] e o vocalista [[Brian Knight]], que declinaron unirse á banda citando obxeccións a tocar os temas de Chuck Berry e Bo Diddley preferidos de Jagger e Richards. En xuño de [[1962]] a súa formación era: Jagger, Jones, Richards, Stewart, Taylor e o batería [[Tony Chapman]]. Segundo Richards, Jones bautizou ao grupo durante unha chamada de teléfono a ''Jazz News''. Cando lle preguntaron por un nome, Jones víu un LP de Muddy Waters tirado no chan, e un dos seus temas era "Rollin' Stone"<ref>Jagger et al. 2003, p. 42.</ref><ref>Nelson 2010, p. 13.</ref>.
 
=== 1962-1964: facéndose cunha base de seareiros ===
O grupo comezou tocando blues e posteriormente rock and roll, dándose a coñecer ó popularizar o tema composto por The Beatles ''I wanna be your man''. Como mánager tiñan a Andrew Loog Oldham que, a diferencia do dos Beatles, Brian Epstein, alentounos a que a imaxe do grupo na escena fora a de «rapaces malos» coa adopción dunha actitude máis agresiva que a dos de Liverpool. A prensa musical axiña promocionou unha imaxe de rivalidade entre The Beatles e The Rolling Stones, aínda que a realmente ambas bandas eran máis ben amigos e colaboradores.
Jagger, Richards, Jones, Stewart e Taylor realizaron o seu primeiro concerto co nome de "The Rollin' Stones" o [[12 de xullo]] de [[1962]] no Marquee Club<ref>Wyman 2002, pp. 36–37.</ref>. Entre o material que tocaron había cancións de blues de Chicago ademais de temas de [[Chuck Berry]] e [[Bo Diddley]]<ref>Bockris 1992, pp. 42–43.</ref>. O baixista [[Bill Wyman]] uniríase en decembro dese ano e o batería [[Charlie Watts]] en xaneiro de [[1963]] para formar a sección rítmica da banda por moitos anos<ref>Nelson 2010, pp. 14–15.</ref><ref>Wyman 2002, pp. 40–41; 44–45.</ref>. O entón mánager do grupo, [[Giorgio Gomelsky]], aseguroulles unha residencia os domingos pola tarde no Crawdaddy Club, que, segundo Gomelsky, provocou un "renacemento internacional do blues" e foi un aspecto fundamental para a aparición do fenómeno [[Swinging London]]<ref>Jagger et al. 2003, pp. 50–51.</ref>.
 
O grupo comezou tocando blues e posteriormente rock and roll, dándose a coñecer ó popularizar o tema composto por The Beatles ''"I wanna be your man''". Como mánager tiñan a Andrew Loog Oldham que, a diferencia do dos Beatles, Brian Epstein, alentounos a que a imaxe do grupo na escena fora a de «rapaces malos» coa adopción dunha actitude máis agresiva que a dos de Liverpool. A prensa musical axiña promocionou unha imaxe de rivalidade entre The Beatles e The Rolling Stones, aínda que a realmente ambas bandas eran máis ben amigos e colaboradores.
 
Ó longo da década de [[1960]] lograron varios éxitos como ''Satisfaction'' (considerada unha das cancións emblemáticas do rock de todos os tempos), ''Under my Thumb'', ''Honky Tonk Women'', ''Sympathy for the Devil''. Malia ser un grupo cuxa música oscilaba entre o Rock and Roll, o Blues e o Country, no [[1967]], do mesmo xeito ca moitas outras bandas, editaron un álbum de Rock Psicodélico chamado ''Their Satanic Majesties Request'', que non obtivo grande éxito.