Also sprach Zarathustra (Strauss): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Piquito (conversa | contribucións)
máis de en.wiki
Liña 1:
{{revisión}}
[[Ficheiro:Strauss APZ.jpg|miniatura|450px|Vista parcial dos primeiros compases da obra.]]
'''''Also sprach Zarathustra''''', Op. 30 (en [[lingua galega|galego]] '''''Así falou Zaratustra''''') é un [[poema sinfónico]] do compositor [[Alemaña|alemán]] [[Richard Strauss]], composto no ano [[1896]] e estreado o [[27 de novembro]] dese mesmo ano en [[Frankfurt]] baixo a batuta do propio compositor. O poema sinfónico dura aproximadamente 40 minutos.
Liña 14 ⟶ 13:
== Características ==
=== Características musicais ===
Ao igual que moitas outras obras da época, ''Also sprach Zarathustra'' caracterízase polo debilitamento dos fundamentos estruturais da tonalidade tradicional, sendo difícil (senón imposible) determinar a tonalidade da composición. De feito, na obra atopamos que os tonos de Do e Si compiten en todo momento, xuxtapoñendose as súas tónicas de xeito exacto no último compás.<ref>Robert P. Morgan, ''La Música del Siglo XX'' (p 22), Akal Música ISBN 84-460-0368-6</ref> Un dos principais temas compositivos da obra é este contraste entre as tonalidades de Si Maior (representando á humanidade) e Do Maior (representando ao universo ou a natureza); como Si e Do son notas adxacentes, as súas tonalidades son completamente distintas: Si Maior emprega cinco sostidos, mentres que Do Maior non ten ningún.<ref>[http://www.americansymphony.org/program_notes/also-sprach-zarathustra-op-30-1896 ''Also sprach Zarathustra''] – Notes by [[American Symphony Orchestra]]</ref>
 
=== Influencia de Nietzsche ===
Liña 62 ⟶ 61:
<ol type="I">
<li>'''Einleitung''' (''Introdución'')</li>
[[Ficheiro:Ainsi parlait Zarathoustra.ogg|thumb|''Einleitung''.]]
 
Tema universalmente coñecido, exposto en principio pola trompeta. A introdución presenta un ton misterioso que nos transporta a un mundo arcano e extraño.<ref name=Moreno/> Representa a saída do sol (Sonnenaufgang) e xoga cos modos maior e menor. As primeiras palabras de Zarathustra na súa alocución inicial ao sol incluída no prólogo ("Gran estrela, como serías feliz se nin tiveras a aqueles aos que alumeas") deben ter inspirado o inicio da obra, cun profundo Do no pedal do órgano e o contrafagot, acompañados por suaves trémolos nos contrabaixos. Logo desta pasaxe segue unha fanfarria de trompeta e un ''tutti'' nun acorde de Do menor, que se convirte en Maior cando inmediatamente se repite a pasaxe, terminando cunha afirmación do acorde de Do Maior cando o órgano se queda só.<ref name=Grout/>