Centros clandestinos de detención: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 12:
== Panorama xeral ==
[[Ficheiro:Club Atlético.JPG|300px|miniatura|Escavación do ex Centro clandestino de detención Club Atlético, Paseo Colón 1200, Cidade de Bos Aires]]
Os primeiros CCD foron instalados en 1975, antes do [[Guerra sucia en Arxentina|golpe militar do 24 de marzo de 1976]]. Nese ano xa estaban en funcionamento [[Centros clandestinos de detención#Escuelita de Famaill.C3.A1|''la Escuelita'']] en Faimallá (Tucumán) e ''[[Campito]]'' (Provincia de Bos Aires). Tamén en 1975 funcionou un CCD na planta da empresa [[Acindar]] en [[Villa Constitución]], presidida por [[José Alfredo Martínez de Hoz]], como parte da estrutura represiva organizada para conter a folga declarada polo sindicato [[UOM]] en maio dese ano<ref>[http://web.archive.org/20071014015215/old.pagina12web.com.ar/2000/suple/especial/nota1.htm ''Los dueños de la espada'', por Miguel Bonasso, Páxina 12, 2000]</ref>.
 
En [[1976]] chegaron a existir 610 CCD, pero moitos deles foron temporais e circunstanciais. Logo dos primeiros meses posteriores ao golpe de estado, a cifra estabilizouse en 364 CCD. En [[1977]] a cantidade reduciuse a 60. En [[1978]] hai 45 CCD, e para [[1979]] os centros chegaron a 7. En [[1980]] quedaban dous: a ESMA e o Campito ([[Campito|Campo de Mayo]]). En 1982 e 1983 a ESMA era o único campo de concentración que seguía sendo utilizado<ref>Seoane 2001, 227/228</ref>.