Leishmania: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 217:
[[Ficheiro:Leishmania tropica 7.jpg|miniatura|dereita|250px|''[[Leishmania tropica]]''.]]
Secuenciáronse os [[xenoma]]s de tres especies de ''Leishmania'', concretamente ''L. major'', ''L. infantum'' e ''L. braziliensis'', que contiñan máis de 8300 xenes que codifican proteínas e 900 xenes de [[ARN]]. Case o 40% dos xenes que codifican proteínas pertencen a 662 familias xénicas que comprenden de dous a 500 membros. A maioría das familias xénicas máis pequenas están dispostas en támdems de un a tres xenes, mentres que as familias xénicas máis grandes están a
Os [[telómero]]s de ''Leishmania'' son xeralmente relativamente pequenos, e constan duns poucos tipos de secuencias repetidas. Hai probas de que hai [[recombinación xenética]] entre varios grupos diferentes de telómeros. Os xenomas de ''L. major'' e ''L. infantum'' conteñen só ~50 copias dos elementos relacionados con ''Ingi''/L1Tc inactivos dexenerados (DIREs), mentres que ''L. braziliensis'' tamén contén varios elementos transpoñibles asociados a telómeros (TATEs) e retroelementos asociados ao líder empalmados (SLACs, ''spliced leader-associated retroelements''). Os xenomas de ''Leishmania'' comparten cos [[tripanosomátidos]] emparentados ''Trypanosoma brucei'' e ''Trypanosoma cruzi'' unha parte conservada do proteoma que consta de ~6200 xenes, pero teñen tamén ~1000 xenes específicos de ''Leishmania'' (LSGs), que están na súa maioría distribuídos aleatoriamente polo xenoma. Hai relativamente poucos (~200) diferenzas específicas de especie no contido xénico entre os tres xenomas secuenciados de ''Leishmania'', pero ~8% dos xenes parece que evolucionaron a diferentes velocidades nas tres especies, o que indica unhas presións selectivas diferentes que poderían estar relacionadas coa súa patoloxía. Un 65% dos xenes que codifican proteínas carecen actualmente de asignación funcional.<ref name=MylerP>{{cite book | author = Myler P; Fasel N (editors). | title = Leishmania: After The Genome | publisher = Caister Academic Press | year = 2008 | url=http://www.horizonpress.com/leish | id = [http://www.horizonpress.com/leish ISBN 978-1-904455-28-8 ]}}</ref>
|