Teléfono intelixente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 63 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q22645
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Teléfono intelixente''' ou ''(en [[idioma inglés|inglés]] '''smartphone''''') é un termo comercial para denominar un [[teléfono móbil]] que ofrece máis funcións ca un teléfono celular común.
 
== Características ==
Case todos os teléfonos intelixentes son móbiles que soportan completamente un cliente de [[correo electrónico]] coa funcionalidade completa dun organizador persoal. Unha característica importante de case todos este teléfonos é que permiten a instalación de [[Programa informático|programas]] para incrementar o procesamientoprocesamento de datos e a conectividade.
 
As aplicacións poden ser desenvolvidas polo fabricante do dispositivo, polo operador ou por un terceiro. O termo intelixente/smart fai referencia a calquera interfazinterface, como un teclado [[QWERTY]] en miniatura, unha pantalla táctil ou simplemente o [[sistema operativo]] móbil que posúe, diferenciando o seu uso mediante unha exclusiva disposición dos menús, teclas, atallos etc.
 
O completo soporte ao correo electrónico parece ser unha característica indispensábel atopada en todos os modelos existentes e anunciados dende 2007. Case todos os teléfonos intelixentes tamén permiten ao usuario instalar programas adicionais, normalmente inclusive desde terceiros -feito que dota a estes teléfonos de moitísimas aplicacións en diferentes terreos-, pero algúns vendedores gustan de tachar aos seus [[Teléfono|teléfonos]] como intelixentes aínda cando non teñen esa característica. Algúns exemplos de teléfonos denominados intelixentes son: Serie MOTO Q de [[Motorola]], [[Nokia]] series E, series N e algún modelo da serie X como o X6 [[BlackBerry]], Samsung Galaxy S, [[iPhone]] e todos os que teñen o sistema operativo [[Android]], por exemplo: Google Nexus One, Motorola Milestone e Sony Ericsson Xperia Arc.