Calendario gregoriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 6:
Pola contra, nos tempos do papado de Gregorio XIII a Pascua caía xa a primeiros de marzo e os astrónomos decatábanse que pouco a pouco, ao longo dos séculos, a Pascua se ía achegando ao Nadal. Xa o [[Concilio de Trento]] advertía deste problema e dispuña que se lle dese estudo e solución ao problema.
=== A ''Comisión do Calendario''===
Gregorio XIII, para poder levar adiante a reforma, constitúe a chamada ''Comisión do Calendario'', un grupo de eclesiásticos e expertos na que destacaban [[Christopher Clavius|Cristóbal Clavio]]<ref>En homenaxe a Clavius, un dos [[cráter (impacto)|cráteres]] da [[Lúa]] leva o seu nome.</ref>e [[Luis Lilio]]. Clavio, astrónomo e [[xesuíta]], o "''[[Euclides]] do seu tempo''", era un reputado matemático e astrónomo, o mesmo [[Galileo Galilei]] o chamou como aval científico das súas observacións telescópicas. En canto a Lilio, médico e astrónomo, sabemos que foi o principal autor da reforma do calendario aínda que morreu en [[1576]] sen ver rematado o proceso. Finalmente, un personaxe máis nesta historia: [[Alfonso X o Sabio]], o valor dado ao ano trópico nas [[Táboas alfonsíes]] de 365 días 5 horas 49 minutos e 16 segundos é o tomado como correcto pola Comisión do Calendario. [[Pedro Chacón]], matemático español, redacta o ''Compendium'' co ditame de Lilio, apoiado por Clavio, e chégase ao [[14 de setembro]] de [[1580]] cando se aproba a reforma, para levala á práctica en outubro de [[1582]].

=== O axustamento gregoriano ===
A diferenza principal entre o calendario gregoriano e o seu precedente, o calendario xuliano, está na distribución dos anos bisestos .