Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 45:
Nos albores do [[século XVI]], cando as nacións europeas conseguían unificarse e os seus monarcas asumían o [[poder absoluto]] das mesmas, non era a igrexa de Roma a única que advertía que a descomposición multiseñorial italiana e as pugnas entre os seus heteroxéneos e mal avidos estados eran caldo de cultivo para as intervencións de franceses, alemáns e españois, nin tampouco era a única que temía, doutra parte, que a implantación dun estado único nacional a privase dos dereitos gobernamentais sobre o seu propio territorio, o que, no caso da igrexa, supoñería a perda da súa xurisdición temporal. A cada príncipe italiano, e ao papa como outro máis dos xefes de estado, só lle satisfacía ser el o líder unificador de toda a península en torno aos seus dominios; pero a igrexa, polo seu talante ecuménico e a súa tradición teocrática universal, estaba en mellores condicións que os seus posíbeis competidores para levar a cabo aquela comisión. Con este ánimo de potenciais monarcas absolutos dunha Italia unida e centralista exerceron os papas [[Renacemento|renacentistas]] a súa xefatura de estado.
 
A singularidade de [[Alexandre VI, papa|Alexandre VI]] (o papa [[Borgia]]) estriba en que concibía a organización papal como unha monarquía personalista e ansiaba a formación dun reino centroitaliano desvinculado da Santa Sede, cuxa deambulatorio descansase sobre o corpo de algún dos seus fillos. Para tal efecto, decidiu subxugar aos tiranos locais, vasalos nominais de Roma pero que gobernaban ao seu antollo os seus respectivos feudos. Co seu fillo Xoán, duque de [[GandíaGandia]], á cabeza dos exércitos pontificios foron caendo os castelos de Cervetri, Anguillara, Isola e Trevignano, accións polas que o nomeou duque de Benevento e señor de Terracina e Pontecorvo. Cando Xoán morreu asasinado, o papa encomendou a capitanía dos seus exércitos a outro dos seus fillos: [[César Borgia]]. Coa axuda militar francesa, César tomaba en [[1499]] as cidades de [[Imola]] e [[Forlí]] gobernadas por [[Catarina Sforza]], e logo a de [[Cesena]]. Máis tarde apoderouse de Rímini, gobernada por [[Pandolfo Malatesta]] e de Faenza, de [[Piombino]] e a súa anexa [[Illa de Elba]], de Urbino, Camerino, Città di Castello, [[Perusa]] e Fermo, e por fin de Senigallia. De todo iso pasaba a ser dono o fillo do papa a quen este nomeara soberano da Romaña, [[Marcas]] e [[Umbría]].
 
O empeño do papa [[Xulio II, papa|Xulio II]] ([[1503]]-[[1513]]) consistiu en devolver á Igrexa as posesións de que os Borgia se apropiaran. Nalgúns casos conseguiuno con facilidade; noutras pola forza das armas. Perusa e Boloña quedaron reintegradas nos Estados Pontificios desta maneira en [[1506]]. [[Venecia]] ameazaba con competir co [[Cidade do Vaticano|Vaticano]] polo dominio de Italia; para atallar este perigo, Xulio II formou a [[Liga de Cambrai]] coa intervención de [[Francia]], [[España]], o Sacro Imperio, [[Hungría]], [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]], [[Florencia - Firenze|Florencia]] e [[Mantua]]. Venecia non puido opoñer resistencia a tan potente inimigo e resultou derrotada na [[batalla de Agnadello]] en [[1509]], deixando ao papa sen rival. Coa axuda de España tratou logo de desembarazarse da presenza en chan italiano dos franceses, donos de Xénova e Milán. O conseguiu tras dura loita, pero o que nunca lograría é liberar a Italia do dominio español que perduraría intensa e prolongadamente, en especial durante os reinados de [[Carlos I de España|Carlos I]] e [[Filipe II de España|Filipe II]], aínda que estes nunca acrecentaron as súas posesións a custa dos Estados Pontificios. Pola contra, Filipe II, se ben contra os seus desexos, non impediu que o papa [[Clemente VIII, papa|Clemente VIII]] anexionase aos bens da Igrexa a cidade de Ferrara en [[1597]].