Pompeia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 68 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q43332
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 14:
[[Ficheiro:Pompeii the last day 1.jpg|miniatura|Pompeia en erupción, foto reconstruída por computadora.]]
 
En agosto do ano [[79]] unha erupción do monte Vesubio escureceu o ceo e sepultou a cidade. As únicas crónicas fiábeis do ocorrido foron escritas por [[Plinio o Xove]] nunha carta enviada ao historiador [[Publio Cornelio Tácito]]. Plinio observou desde a súa vila en [[Miseno]] (a 30 km do [[Monte Vesuvio|Vesuvio]]) un estraño fenómeno: Unhaunha grandegran nube escura con forma de piñeiro saíndo do cume do monte. Ao cabo dun tempo, a nube descendeu polas abas do Vesubio e cubriu todo polos arredores, incluíndo o mar.
 
A "nube" sobre a que escribiu Plinio coñécese actualmente como fluxo [[piroplástico]], unha nube de gas, cinza e rocha sobrequentados que é expulsada por un [[volcán]]. Plinio constatou que houbo varios tremores de terra antes e durante a erupción. Tamén anotou que as cinzas caían en capas moi gordas e Miseno tivo que ser evacuada.
 
A súa descrición reflectía o feito de que o Sol foi bloqueado pola erupción e a escuridade reinaba en pleno día. O seu tío [[Plinio o Vello]] partira en varios barcos (Miseno encontrábase frentefronte a Pompeia, ao outro lado da baía) coa intención de investigar o fenómeno. Plinio o Velloe morreu aparentemente porpola asfixia causada polo [[dióxido de carbono]] tras desembarcar.
 
== Perdida durante 16 séculos ==
[[Ficheiro:Herkulaneischer_Meister_002b.jpg|miniatura| As táboas de madeira recobertasrecubertas de cera eran o [[materiais de escrita|material de escrita]] máis habitual.]]
 
GordasGrosas capas de cinza cubriron as dúas cidades situadas na base da montaña, e os seus nomes e localizacións foron esquecidos. [[Herculano]] foi redescuberta en [[1738]], e Pompeia en [[1748]]. Desde entón, ambas as vilas foron escavadas revelando numerosos edificios intactos, así como pinturas murais. Realmente a descuberta tivo lugar no ano [[1550]], cando o arquitecto Fontana estaba escavando un novo curso para o [[río Sarno]]. Pero houbo que esperar 150 anos antes de que se iniciara unha campaña para desenterrar as cidades. Até esa data, asumíase que Pompeia e Herculano xa se perderan para sempre.
 
Sostívose a teoría (sen demostrar) de que Fontana inicialmente encontrou algúns dos famosos frescos eróticos, e debido á estrita moral reinante na súa época enterrounos de novo nun intento de censura arqueolóxica. Escavadores posteriores plasmaron nos seus informes que os lugares onde estaban traballando foran desenterrados e enterrados de novo con anterioridade.
 
O foro, os baños, moitas casas e algunhas vilas permaneceron nun sorprendente bo estado de conservación. Un hotel de 10001.000 m<sup>2</sup> foi descuberto a escasa distancia da cidade, e hoxe en día coñécese como "Grande Hotel Murecino".
[[Ficheiro:Pompeji-Streets.jpg|esquerda|miniatura|Rúa pavimentada]]
Pompeia é a única cidade antiga da que se coñece de forma precisa a súa estrutura topográfica, sen modificacions posteriores. Non estaba distribuida nun plano regular como acostumaba ocorrer coas cidades romanas, debido á irregularidade do terreo. Pero as súas rúas eran rectas e formaban unha reixa ao máis puro estilo romano, co seu [[cardo]] e o seu [[decumano]]. Estaban pavimentadas con pedras poligonais e había casas e comercios a ambos os lados.
Liña 37:
 
== Un fotograma único ==
A cidade ofereceofrece un cadro da vida romana durante o [[século I]]. O momento "inmortalizado" pola erupción evidencia literalmente até o mínimo detalle da vida cotiá. Por exemplo, no chan dunha das casas (a de Sirico), unha famosa inscrición ''Salve, lucru'' ("Benvido, diñeiro"), quizais con intención humorística, móstranos unha sociedade comercial pertencente a dous socios, Sirico e Numiano (aínda que este último ben podería ser un alcuño, xa que ''numus'' significa moeda). Noutras casas abundan os detalles sobre diversos oficios, como os traballadores da lavandaría (''fullones''). "Pintadas" gravadas nas paredes son mostras do latín empregado na rúa.
 
No ano da erupción, calcúlase que a poboación de Pompeia era dunhas 20.000 persoas. A cidade estaba situada nunha zona onde abundaban as vilas vacacionais, e contaba con numerosos servizos: o ''macellum'' (grande mercado de alimentos), o ''pistrinum'' (muíño), a ''thermopolia'' (unha especie de taberna que servía bebidas frías e quentes), os ''cauporioe'' (pequenos restaurantes) e un anfiteatro.