Sunny Day Real Estate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Lameiro (conversa | contribucións)
*ofereceu
Liña 21:
Despois diso a outra banda de [[Nate Mendel]] (Christ On A Crutch) foi facer unha xira por [[Europa]]. Mentres tanto Hoerner (que tocou o [[baixo]] durante a ausencia de Mendel) chamou a un amigo, Jeremy Enigk (vocalista e guitarrista) que pasou a tocar con eles. O trio cambiou o nome da banda para Thief, Steal Me A Peach. Co retorno de Mendel, os catro decidiron continuar xuntos e mudaron novamente o nome para Sunny Day Real Estate. A banda compuxo varios temas novos e lanzaron o seu segundo sinxelo, chamado ''Thief, Steal Me A Peach''.
 
O segundo sinxelo chamou a atención da [[Sub Pop]], que lles ofereceuofreceu un contrato. Inmediatamente, a banda entrou no estudio para gravar o seu primeiro álbum. O resultado foi ''Diary'', de [[1994]], eloxiadísimo pola crítica local. A banda saíu de xira e de inmediato conquistou unha devota lexión de fans. A xira foi máis estresante do que a banda agardaba, e as tensións eran altas ao final da mesma. Enigk converteuse ao cristianismo ao final da xira, e este feito, unido ao clima tenso existente, fixeron que a banda se separara.
 
Para completar o contrato coa [[Sub Pop]] o máis rápido posible, a banda compilou material para ''LP2'', o seu segundo álbum, regravando algunhas cancións antigas (da época de Thief, Steal Me A Peach) e compoñendo material novo. ''LP2'' foi lanzado en [[1995]] co anuncio de que sería o último disco da banda.