Oliver Cromwell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 57:
O alcance da brutalidade de que se acusa a Cromwell en Irlanda foi longamente debatido. Aínda que se cometeron atrocidades, non constituíron unha forma de xenocidio contra os irlandeses, aínda que resulta evidente que Cromwell vía aos irlandeses católicos como inimigos en xeral. Durante as guerras civís, no bando parlamentarista xurdiu un forte odio cara aos católicos irlandeses, aos que os ingleses consideraban pouco máis que "salvaxes" inferiores. Así mesmo, o desexo de vingar as masacres da rebelión irlandesa de [[1641]] engadíase ao clima xeral de hostilidade protestante. De modo que a afouteza de Cromwell cara aos irlandeses era tanto relixiosa como política. Opúñase apaixonadamente á [[Igrexa Católica Romana|igrexa católica]], da que consideraba que negaba a primacía da [[Biblia]] en favor da autoridade clerical e papal, e á que culpaba da tiranización e persecución dos [[Protestantismo|protestantes]] en Europa. A asociación de Cromwell entre católicos e persecución reforzouse coa rebelión irlandesa de 1641, que estivo marcada por masacres de colonos protestantes ingleses e escoceses por parte de nativos irlandeses católicos, aínda que foron enormemente esaxeradas nos círculos puritanos de Inglaterra (de 4.000 a máis de 120.000 asasinados). Estes factores contribuíron á dureza de Cromwell durante a súa campaña militar en Irlanda.
 
En setembro de [[1649]], xustificou o saqueo de Drogheda como vinganza polas masacres de colonos protestantes no Ulster durante a rebelión irlandesa de 1641, chamando á matanza provocada polas súas tropas "o xusto xuízo de Deus sobre eses bárbaros, que empaparon as súas mans en tanto sangue inocente" <ref>Kenyon, John & Ohlmeyer, Jane (eds.) (2000). ''The Civil Wars: A Military History of England, Scotland, and Ireland 1638–1660'' (Oxford University Press), ISBN 0-19-280278-X, p.98.</ref>. En realidade, Drogheda nunca estivo en mans dos rebeldes en 1641; a maioría da súa guarnicióngornición eran realistas ingleses.
 
Con todo, a súa postura relixiosa admite pouca discusión. Dirixíndose aos defensores irlandeses de [[New Ross]] en [[1649]], que estaban negociando a rendición do pobo, Cromwell dixo que "non me meto coa conciencia de ningún home, pero se por liberdade de conciencia queredes dicir a liberdade de celebrar [[misa]]... entón alí onde o Parlamento teña autoridade, esa non será permitida." Nunha carta aos bispos católicos irlandeses máis entrado o ano, escribiu, "sodes parte do Anticristo, e en breve teredes, todos, sangue que beber." <ref>[http://books.google.com/books?vid=OCLC04798416&id=nFzs2Rp5q6MC&pg=RA1-PA213&lpg=RA1-PA213&dq=%22blood+to+drink%22+c+cromwell]; Lenihan, p.114.</ref>. Do mesmo xeito, os rexistros de moitas igrexas, por exemplo a catedral de [[Kilkenny]], acusan a Cromwell de haber desfigurado as imaxes católicas e as igrexas.
 
Por outra banda, ao chegar a Irlanda Cromwell ordenou que non se quitasen subministracións aos habitantes civís, e que todo fose comprado de forma xusta. De feito, varios soldados ingleses foron colgados por desobedecer esa orde. Con respecto á masacre de Drogheda, as ordes de Cromwell seguían o protocolo militar imperante na época, segundo o cal a unha guarnicióngornición ofrecíaselle primeiro a opción de renderse e recibir un trato xusto e a protección da forza atacante. A negativa da guarnicióngornición de Drogheda a renderse, ata tras ser forzados os seus muros, fai que as ordes - "Prohibinlles ofrecer rendición a calquera no pobo que estivese en armas" - aínda que severas, non fosen inusuais segundo os estándares da época. Cromwell desexaba que a severidade en Drogheda actuase como elemento disuasorio na resistencia irlandesa, nas súas propias palabras: "previrá a efusión de sangue no futuro". Máis aínda, alí onde negociou a rendición de pobos fortificados, como en [[Carlow]], [[New Ross]] e [[Clonmel]], respectou os termos de rendición e protexeu as vidas e propiedades dos aldeáns <ref>Gaunt, p.116.</ref>.
 
Cromwell nunca aceptou ningunha responsabilidade polo asasinato de civís en Irlanda, alegando que actuara de forma dura, pero só contra aqueles "alzados en armas". De feito, as peores atrocidades cometidas en Irlanda, como as expulsións forzosas, os asasinatos e as deportacións como man de obra escrava ás [[Bermudas]] e [[Barbados]], foron levadas a cabo polos subordinados de Cromwell despois de que partise cara a Inglaterra. William Petty estimou na súa enquisa demográfica de Irlanda na década de 1650 que a guerra de 1641-1653 tivo como consecuencia a morte ou exilio de máis de 600.000 persoas, ou preto dun terzo da poboación anterior á guerra <ref>Kenyon & Ohlmeyer, p.278</ref>. Tras a conquista de Cromwell, a práctica pública do rito católico foi prohibida, os clérigos católicos eran executados axiña que se lles capturaba, e todas as terras e propiedades católicas resultaron confiscadas a raíz da "Acta para a colonización de Irlanda" de 1652, e entregadas a colonos escoceses e ingleses, os creditores financeiros do Parlamento, e os seus soldados.