Encoro de Belesar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3375700
ampliación construción
Liña 4:
O '''Encoro de Belesar''' é un pantano artificial creado en 1963 no [[río Miño]] (o máis grande deste río), situado entre os concellos de [[Taboada]], [[Chantada]], [[O Saviñao]], [[Paradela]], [[O Páramo]], [[Guntín]] e [[Portomarín]]. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. A présa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do lugar de [[Belesar, Belesar, Chantada|Belesar]] (na parroquia de [[Belesar, Chantada]]), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.
 
==Construción==
Foi creado para abastecer a unha [[central hidroeléctrica]], operada na actualidade pola empresa [[Gas Natural Fenosa]]. A présa é obra do enxeñeiro [[Luciano Yordi de Carricarte]], e o edificio de control da central eléctrica do arquitecto [[Juan Castañón de Mena]].
O encoro foi construído por presos políticos que vivían en condicións de traballo moi duras. Polos terreos expropiados para a súa construción pagáronse prezos moi baixos<ref>{{cita web|apelidos=Bugallal|nome=Isabel|título=La curva de Chano Yordi|url=http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2013/09/15/curva-chano-yordi/762451.html|editor=La Opinión da Coruña|dataacceso=15 de setembro de 2013}}</ref> .
 
A construción do embalse supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil, ademais da desaparición de [[Castro Candaz]] e da vila de [[Portomarín]], que se reedificou preto da súa antiga localización.
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
==Galería de imaxes==