Mármore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 3:
[[Ficheiro:Michelangelos David.jpg|miniatura|200px|dereita|O [[David]] de [[Miguel Anxo]] é unha das esculturas de mármore máis coñecidas do mundo]]
 
O '''mármore''' é un tipo de [[rocha]] compacta formada a partir de rochas [[calcaria]]s que, sometidas a elevadas [[temperatura]]s e presións, acadan un alto grao de [[cristalización]]. O compoñente básico do mármore é o [[carbonato cálcico]], cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen aas súasúas características físicas. Tras un proceso de pulido por [[abrasión]] o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na [[construción]], [[decoración]] e [[escultura]]. Ás veces é [[translúcido]], ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul, e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas enteentre elas.
 
[[Ficheiro:Marmolería_en_Lugo.JPG|miniatura|170px|esquerda|Marmorería en [[Lugo].]]]
 
* Con frecuencia outros minerais aparecen xunto á [[calcita]] formando o mármore, como o [[grafito]], a [[clorita]], o [[talco]], a [[mica]], o [[cuarzo]], a [[pirita]] e algunhas pedras preciosas como o [[corindón]], o [[granate]], a [[zirconita]], etc.
* Aténdose ao concepto [[mineraloxía|mineralóxico]], (non ao artesanal) só se consideran mármores aos agregados granoso-vítreos, formadasformados basicamente por carbonato de calcio e con [[traza]]s máis ou menos significativas de [[carbonato magnésico]] ([[mármore dolomítico]]).
* Na [[natureza]], o mármore, atópase en aglomerados irregulares no seo da rocha cristalina primitiva, (onde forma [[Xacemento xeolóxico|xacemento]]s irregulares que con frecuencia resultan ser [[filón]]s ) e menos frecuentemente formando [[estrato (xeoloxía)|estrato]]s (en capas).
* No conxunto do mundo cinco países exportan o 57 % da produción mundial, que son: Italia (20%), China (16%), India (10%), España (6%) e Portugal (5%).<ref>http://www.tunisianindustry.nat.tn/en/download/CEPI/IMCCV02.pdf</ref>
* En Galicia a presenza do mármore é rara e de pouca importancia económica. Explotouse hai anos unha canteira en Mondoñedo de mármore ornamental gris azulado, e na lista das 71 canteiras de granito españolas figura unha en Moeche<ref>Marmola.es. Lista de canteras de mármol españolas. [http://www.marmola.es/canteras-de-marmol/ Marmola.es. Lista de canteras de mármol españolas]</ref>. Tamén se coñece a existencia de mármores en Paradela ao sur de Portomarín, en O Saviñao e Viana do Bolo.<ref>Juan Carlos Mirre. Guía dos minerais de Galicia. Galaxia. (1990). Páxina 174. ISBN 84-7154-729-5.</ref>
* O principal produtor de mármore mundial é [[Novelda]] na [[provincia de Alacant]], cidade coñecida como '''O País do Mármore'''. Ademais existe un mármore branco de grande calidade e con denominación de orixe moi valiosavalioso e famoso, que é o calde se[[Macael]] atopana [[provincia de Almería]], cidade coñecida como "cidade do ouro branco". Este mármose atópase en obras tan importantes como o patio dos leóns na [[Alhambra]] de [[Granada, España|Granada]],. que é o de [[Macael]] na [[provincia de Almería]], cidade coñecida como "cidade do ouro branco".
* É famoso o mármore branco de [[Carrara]] en [[Italia]].
 
== Orixe ==
 
O mármore é unha [[rocha metamórfica]] resultante do [[metamorfismo]] de rochas [[carbonato|carbonatadas]] sedimentariasedimentarias, como a [[calcaria]] e a [[dolomía]], ou tamén pode provir dun mármore máis antigo. Este proceso de metamorfose causa unha completa recristalización da rocha orixinal nun mosaico entrelazado de [[calcita]], [[aragonito]] e [[cristal|cristais]] de [[dolomita]]. As temperatura e presión necesarias para formar mármore destrúen usualmente os [[fósil]]es e as texturas sedimentarias presentes na rocha orixinal.
 
O mármore branco puro é o resultado do metamorfismo de calcarias de gran pureza. Os característicos remuíños ye veas dos mármores coloreados son debidos normalmente a diferentes impurezas minerais, como [[arxila]], [[limo]], [[area]], [[óxido de ferro]], ou [[rochas silíceas]] comocoma o [[xaspe]], o [[sílex]], o [[cuarzo]], ou [[ópalo]]), e que están orixinalmente presentes como grans ou capas na pedra calcaria. A coloración verde é normalmente debida á [[serpentina]] resultando do alto contido orixinal de magnesio da calcaria ou a dolomita coas impurezas de sílice. Estas impurezas son mobilizadas e recristalizadas pola calor e as elevadas presións do metamorfismo.
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Marble}}