Sarandós, Abegondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engado edificios históricos
Liña 24:
 
=== Igrexa de Santa María de Sarandós ===
A igrexa parroquial de Santa María de Sarandós é de estilo barroco, do século XVIII, e dunha tipoloxía rural moi frecuente na comarca. Ten unha planta rectangular, con tres naves separadas por arcos. Destaca pola súa fachada principal, con dúas cruces e unha escultura da imaxe da Santa María, sobre da ventá do coro. É espadada dobre e cuberta a dúas augas coa estrutura de cercas e tella curva. Aos pés da igrexa está situada a fonte dos remedios, a chamada ''Fonte santa'' ou ''Fonte dos Remedios'', e que é unha parada obrigada para os que acoden á romaría dos Remedios, que se celebra tódolos anos<ref name="turgalicia">[http://www.turgalicia.es/]Turgalicia</ref>. .
 
O cruceiro de sarandós atópase preto da igrexa, na baixada dende [[Figueroa, Abegondo| Figueiroa]] dos valiños. Trátase dunha obre sobre dun pedestal de base cadrada e un arrinque de fuste con sección octogonal. Na cruz está polo anverso coa imaxe de Cristo e polo reverso coa imaxe da Virxe, ámbalas dúas figuras feitas na talla primitiva<ref name="turgalicia"></ref>.
Liña 35:
 
=== Capela de San Xoán de Sarandóns ===
Asentada no centro da ''Calle'', atópase esta capela, dunha tipoloxía frecuente na comarca. É un templo do primeiro barroco, do século XVII, cun estilo máis relevante do rexurdimento. É de pequeno tamaño e dunha estrutura simple, de planta rectangular e dunha soa nave. Está feita de pedra e dunha factura moi sinxela<ref name="turgalicia"></ref>. A fachada loce un escudo dos Moscoso, os Andrade, os Armada, Rioboo, Vilardefrancos e Ribadeneira, sendo o século mais relevante o XVII e de estilo predominante Renacentista.<ref name="rocha">[http://rochacarro.blogspot.com.es/2013/05/sarandons-abegondo-capela-de-san-xoan.html] SARANDONS (Abegondo).- Capela de San Xoan - Casa de Felipe II - O Convento - Igrexa parroquial de Santa Maria</ref>.
 
===Casa de Felipe II===
Liña 41:
 
===Convento de Sarandóns===
Construído a principios dono século XXXIX, preto da igrexa parroquial atópase o popularmente coñecido como "O Convento de Sarandóns". Foi un antigo hospital. A denominación procede por un edificio anterior ao actual que servira de convento e que se achaba no mesmo lugar. Ese antigo priorato de Sarandóns era un dos que, segundo [[Ramón Villares]], no século XVIII aportaba ingresos a San Martiño de Pinario en [[Santiago de Compostela]]. Do arquivo particular dos donos da casa, despréndese que o fundador do vínculo de Sarandós foi Gómez de Barral, rexidor de Santiago no ano 1547 e estivo en mans eclesíasticas ata o 1836<ref name="rocha"></ref><ref name="pxom"></ref>.
Na parede do muro que linda coa carretera que vai cara a [[Bordelle, Sarandós, Abegondo|Bordelle]], hai un reloxo de sol e mostra dous escudos de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]].
 
Nas terras deste convento hai unha fonte de dimensións considerables, situada no lateral norte da finca e feito con cachotería. A súa planta é circular, ten pouca altura<ref name="pxom"></ref>.
 
===Casa reitoral de Santa María de Sarandós===
No [[O Rueiro, Sarandós, Abegondo|Rueiro]] está a casa reitoral da parroquia. Foi levantada no século XVII e reformada no XVIII, dándolle un estilo máis relevante barroco. É unha casona nobre rural, de planta rectangular e barroca e dun estilo propio mariñán. A fábrica é de cantería e cachotería revocada e pintada en branco. A cuberta é de tres augas e tellada. No balcón central, con galería de madeira, lóce o escudo dos [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]]<ref name="pxom"></ref>.
 
=== Casa das Veigas ===
Nas [[Veigas, Sarandóns, Abegondo|Veigas]] é unha vivenda destacable polo estilo americano da súa construción. Posúe unha planta rectangular de tres alturas, muros de ladrillo enfuscado e dúas augas de tella árabe. A fachada principal ten vans de madeira. Posúe na finca cortes e un amplo pombar. A casa estivo vencellada a propiedades do Marquesado de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]]<ref name="pxom"></ref>.
 
=== Lavadoiro dos remedios ===
Ao pé da estrada e do regato de Gueixadiña está este lavadoiro, pechado por unha tapia de cachotería con remate en penal e que consta dunha pía de formigón limitado por un muro baixo de cachotería con remate de penal.
 
==Arqueoloxía==