Ideoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
m →‎Socioloxía e ideoloxía: Identidade (filosofía)
Liña 6:
== Socioloxía e ideoloxía ==
 
Falamos de ideoloxía cando unha [[idea]] determinada é amplamente compartida conscientemente por un [[grupo social]] nunha sociedade. Ás veces é un trazo fortemente [[identidadeIdentidade (filosofía)|identitario]], de forma similar á [[relixión]], a [[nación]], a [[clase social]], o [[identidade sexual|sexo]]... Ademais os membros do grupo ideolóxico admiten ou non que determinado individuo pertence ó grupo segundo comparta ou non certos presupostos ideolóxicos básicos.
 
A ideoloxía interpreta e xustifica os actos persoais ou colectivos dos grupos ou [[clases sociais]], a cuxos intereses sirve, e explica a realidade dunha forma asumible e tranquilizadora para que poida manterse a [[interpretación]] ou [[xustificación]] previa tal como estaba no [[imaxinario]] individual e colectivo, independentemente da circunstancia real. Do estudo da ideoloxía encárgase a [[socioloxía do coñecemento]], cuxo presuposto básico é que as maneiras de ver o mundo varían socialmente dunha sociedade a outra e dentro de sectores diferentes da mesma sociedade.