Lipotes vexillifer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
engadín "etimoloxía"
Xoio (conversa | contribucións)
introducín imaxen
Liña 60:
 
== Conservación ==
Tan pronto como China decidiu modernizarse recoñeceu o estado precario do seu golfiño de río.
 
En [[1978]], a Academia Chinsesa de Ciencias creou unha rama do Instituto de Hidrobioloxía de [[Wuhan]], o Centro de Investigación do Golfiño de auga doce.<ref>En chinés, 淡水海豚研究中心.</ref>. De todos modos os esforzos deste instituto para salvar a estes mamíferos foron moi poucos e chegaron demasiado tarde.
[[Ficheiro:Baiji conservation efforts map.png|miniatura|400px|Mapa dos lugares onde se centraron os esforzos para a conservación de ''Lipotes vexillifer''.]]
 
A primera organización de protección de especies acuáticas chinesas, a Fundación de Conservación de [[Wuhan]] ''Golfiño baiji'', fundouse en decembro de [[1996]]. Recadou 1.383.924,35 [[Renminbi|iuans]] (ao redor de 100.000 [[Dólar estadounidense|dólares]]) e usou eses fondos para a preservación de células ''[[in vitro]]'' e para manter as instalacións do golfiño de río chinés, incluíndo o ''santuario de Shishou'', que foi inundado en [[1998]].
 
Douglas Adams e Mark Carwardine documentaron os seus encontros cos animais en perigo nas súas viaxes de conservación para o programa da [[BBC]] "A última oportunidade para ver" (''Last Chance to See''). O libro do mesmo nome, publicado en [[1990]], incluíu fotos dun exemplar en cautividade, un macho chamado ''Qi Qi'', que viviu no [[delfinario]] do Instituto Wuhan de Hidrobioloxía desde [[1980]] até o [[14 de xullo]] de [[2002]]. Este golfiño, descuberto por un pescador no lago [[Dongting]], convereuse no único residente do ''delfinario de Baiji'', ao lado dp lago do Leste. Outro delfín capturado faleceu despois de un ano (de 1996 a 1997), na [[Reserva Seminatural de Shishou Tian-e-Zhou]], que contiña soamente toniñas da especie ''[[Neophocaena phocaenoides]]'' desde 1990. Outro golfiño, unha femia achada na [[illa de Chongming]] cerca de [[Shangai]] en [[1998]], faleceu de fame despois de un mes, xa que non aceptou a comida que se lle daba.