Comarca da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
A '''comarca da Coruña''' é unha comarca [[Galicia|galega]] situada na [[provincia da Coruña]] e a súa capital é [[A Coruña]]. Limita ao norte co [[océano Atlántico]], ao sur coa [[comarca de Ordes]], ao leste coa [[comarca de Betanzos]] e ao oeste coa [[comarca de Bergantiños]].
 
Abarca unha superficie de 469,86 km² e no 2012 tiña 398.025 habitantes distribuídos en nove concellos: [[Abegondo]], [[Arteixo]], [[Bergondo]], [[Cambre]], [[Carral]], [[A Coruña]], [[Culleredo]], [[Oleiros]] e [[Sada]].
 
== Territorio e superficie ==
Unha característica común dos concellos costeiros do "[[Arco Ártabro]]" é a da súa reducida extensión, regra que sen problemas se pode empregar cos concellos que conforman a '''comarca da Coruña'''. De tódolos xeitos os seus 469,86 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus concellos, dende o máis pequeno, [[Sada]], que abrangue unha superficie de 27,4 km², ata o máis grande, o xa plenamente atlántico Arteixo, que ten unha superficie de 93,4 km².
 
O máis densamente poboado, o concello da [[A Coruña|Coruña]] acumula 6.520,3 habitantes/km² nos seus 37,6 km² de extensión, o que lle confire o título de concello con maior [[densidade de poboación]] de [[Galicia]]. Tamén a '''comarca da Coruña''' é a máis densamente poboada de toda [[Galicia]] cunha densidade de poboación de 828,6 persoas por [[quilómetro cadrado]].