Tripanosomátidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
 
==Ciclo de vida==
Algúns tripanosomátidos só viven nun [[hóspede]], mentres que outros son heteróxenos, xa que viven en máis dunha especie hóspede ao longo do seu ciclo de vida. Estes ciclos de vida heteróxenos desenvólvense xeralmente nos intestinos de [[insecto]]s que zugan sangue e o sangue ou outros tecidos dos [[vertebrado]]s. Hóspedes máis raros son outros invertebrados que se alimentan de sangue, como as [[sambesuga]]s, e outros organismos como as [[planta]]s. As diferentes especies presentan un variado rango de morfoloxías nos sucesivos estadios do seu ciclo de vida, e a maioría teñen polo menos dúas morfoloxías. Tipicamente, as formas promastigotepromastigota e epimastigoteepimastigota encóntranse en hóspedes insectos, as formas tripomastigotetripomastigota na corrente sanguínea de mamíferos, e os amastigotesamastigotas son intracelulares.
 
==Morfoloxías==
[[Ficheiro:TrypanosomatidMorphologies PlainSVG.svg|miniatura|dereita|As seis principais morfoloxías dos tripanosomátidos.]]
No ciclo de vida dos tripanosomátidos aparecen varias morfoloxías, que se distinguen principalmente pola posición, lonxitude e modo de unión ao corpo celular do [[flaxelo]]. O [[cinetoplasto]] está estreitamente asociado co [[corpo basal]] da base do flaxelo, e todas as especies de tripanosomátidos teñen un só núcleo. A maioría destas morfoloxías poden encontrarse nalgunha fase do ciclo de vida en todos os xéneros de tripanosomátidos, aínda que certas morfoloxías son particularmente comúns en determinados xéneros. As diversas morfoloxías foron nomeadas orixinalmente a partir do xénero onde esta morfoloxía se atopaba comunmente, aínda que esta terminoloxía se usa hoxe pouco pola potencial confusión que pode producirse entre as morfoloxías e os xéneros. A terminoloxía moderna deriva do grego "mastig", que significa látego (facendo referencia ao flaxelo), e un prefixo que indica a localización do flaxelo na célula. Por exemplo, a forma amastigoteamastigota (co prefixo "a-", que significa sen) non ten flaxelo e coñécese tamén como forma leishmanial, xa que todas as especies de ''Leishmania'' teñen un estadio coa forma amastigoteamastigota no seu ciclo de vida.
 
*'''AmastigoteAmastigota''' (leishmanial).<ref name="Hoare1966">{{cite journal | title = Developmental Stages of Trypanosomatid Flagellates: a New Terminology | journal = Nature | year = 1966 | last = Hoare | volume = 212 | pages = 1385–6 | doi=10.1038/2121385a0 | issue=5068}}</ref> Os amastigotesamastigotas son unha morfoloxía común durante un estadio do ciclo de vida intracelular en hóspedes mamíferos. Todas as ''Leishmania'' teñen un estadio amastigoteamastigota no seu ciclo de vida. Os amastigotesamastigotas de ''Leishmania'' son especialmente pequenos e están entre as células eucarióticas máis pequenas. O flaxelo é moi curto, e proxéctase só lixeiramente máis alá do peto flaxelar.
 
*'''PromastigotePromastigota''' (leptomónada).<ref name="Hoare1966" /> A forma promastigotepromastigota é unha morfoloxía común nos hóspedes insectos. O flaxelo está en posición anterior con respecto ao núcleo e o flaxelo non está unido ao corpo celular (só á membrana polo [[corpo basal]] flaxelar). O [[cinetoplasto]] está localizado en fronte do núcleo, preto do extremo anterior do corpo celular.
 
*'''EpimastigoteEpimastigota''' (crithidial).<ref name="Hoare1966" /> Os epimastigotesepimastigotas son unha forma común nos hóspedes insectos. ''[[Crithidia]]'' e ''[[Blastocrithidia]]'', ambos os dous parasitos de insectos, presentan esta forma durante os seus ciclos vitais. O flaxelo sae da célula por diante do núcleo e está conectado co corpo celular en parte da súa lonxitude por medio dunha membrana ondulante. O cinetoplasto está localizado entre o núcleo e o extremo anterior.
 
*'''TripomastigoteTripomastigota''' (tripanosomal).<ref name="Hoare1966" /> Este estadio é característico do xénero ''Tripanosoma'' na corrente sanguínea de hóspedes mamíferos e tamén en estadios metacíclicos infectivos da mosca [[vector epidemiolóxico|vector]]. Nos tripomastigotestripomastigotas o [[cinetoplasto]] está preto do extremo posterior do corpo celular, e o flaxelo esténdese unido ao corpo da célula na maioría da súa lonxitude por medio dunha membrna ondulante.
 
*'''OpistomastigoteOpistomastigota''' (herpetomónada).<ref name="Hoare1966" /> É unha morfoloxía máis rara na que o flaxelo é posterior ao núcleo, e pasa a través dun longo suco da célula.
 
<gallery>
Ficheiro:LeishmaniaMexicana Amastigote SEM.jpg|'''AmastigoteAmastigota''': micrografía de varrido con cor falsa dunha forma amastigoteamastigota de ''[[Leishmania mexicana]]''. O corpo da célula móstrase en laranxa e o flaxelo en vermello. 219 pixels/μm.
Ficheiro:LeishmaniaMexicana Promastigote SEM.jpg|'''PromastigotePromastigota''': micrografía de varrido con cor falsa da forma promastigotepromastigota de ''[[Leishmania mexicana]]''. O corpo da célula móstrase en laranxa e o flaxelo en vermello. 119 pixels/μm.
Ficheiro:TrypanosomaBrucei_ProcyclicTrypomastigote_SEM.jpg|'''TripomastigoteTripomastigota''': micrografía de varrido con cor falsa dunha forma procíclica de ''[[Trypanosoma brucei]]''. O corpo da célula móstrase en laranxa e o flaxelo en vermello. 84 pixels/μm.
</gallery>