Metallica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m recat.
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 4:
| lenda = Concerto de Metallica en Londres, en 2003.
| orixe = [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]], [[California]]
| país = [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] {{USAb}}
| período = [[1981]] - actualidade
| xénero = [[thrash metal]], [[heavy metal]]
Liña 12:
| web = [http://www.metallica.com/ www.metallica.com]
}}
'''Metallica''' é unha banda [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de [[thrash metal]] fundada nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]] en [[1981]] por [[Lars Ulrich]] e [[James Hetfield]].
 
== Historia ==
=== Comezos ===
Poderíase considerar que a historia de Metallica comeza cando en [[1980]] un mozo danés chamado [[Lars Ulrich]] se traslada xunto á súa familia ós Os [[Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]]. Fillo do tenista profesional [[Torben Ulrich]], Lars desenvolvera unha enorme afección polo [[Heavy Metal]] durante os '70 cando o NWOBHM ([[New Wave Of British Heavy Metal]]) reinaba na escena underground de [[Europa]], e co seu traslado a [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], en principio previsto polo seu pai co obxectivo da preparación dunha carreira dentro do tenis profesional, dita afección converteríase practicamente nunha obsesión, sobre todo centrada nos grupos máis underground da nova corrente inglesa. A súa prioridade ó chegar ós Ánxeles, lonxe de se centrar no tenis, sería a de montar un grupo no que el exercería as funcións de batería. Dita ambición levaríao en [[1981]] a publicar un anuncio na revista ''Recycler'' pedindo un guitarrista para formar un grupo con influencias de [[NWOBHM]], centrándose concretamente nas súas bandas preferidas: [[Diamond Head]], [[Motörhead]] e [[Iron Maiden]]. Outro mozo respondeu ó seu anuncio, era [[James Hetfield]]. Os primeiro ensaios conxuntos tiveron lugar, e aínda que ó principio a James non lle convencía a forma de tocar de Lars, remataron formando un grupo. A clave desta unión foi o tema que Lars reservara por parte do seu amigo Brian Slagel, fundador da por entón recentemente creada Metal Blade Records, no primeiro compilatorio que editaría o selo, denominado ''Metal Massacre''. O nome do grupo foi roubado por Lars <ref> Rampage Radio DJ Profiles: Ron Quintana - http://www.rampageradio.com/DJProfiles.html </ref> ó seu amigo Ron Quintana, quen barallaba "Metalmania" e Metallica como posibles nomes para un novo fanzine musical, aínda que se inclinaba máis polo segundo. A Lars gustoulle tanto que rapidamente lle recomendou enerxicamente o primeiro.
 
Lars trasladouse ó local que James tiña xunto a Ron McGovney e, tras incesantes intentos de conseguir un guitarra solista influenciado por [[Motörhead]] e [[Iron Maiden]], atoparon en [[Dave Mustaine]] á persoa ideal para pecha-la formación. O primeiro paso foi a gravación do tema para a primeira entrega de ''Metal Massacre''. O elixido sería ''Hit the Lights'', proveniente da anterior banda de Hetfield, ''Leather Charm'', nunha versión bastante afastada da que un ano máis tarde aparecería no primeiro álbum oficial do grupo. O debut de Metallica en directo tería lugar o 14 de marzo de [[1982]] no clube Radio City de [[Anaheim, California|Anaheim]], nunha actuación na que a falta de táboas sobre o escenario ocasionou serios problemas á banda. Dúas semanas máis tarde terían a oportunidade de emenda-lo seu erro abrindo dous noites seguidas para os inglesas Saxon no Whiskey-A-Go-Go dos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]]. Como curiosidade, cabe dicir que dentro do libreto de ''Garage Inc'' poden se encontrar reproducidas nótalas que o propio Ulrich tomou naquel momento sobre a marcha destes dous concertos, incluíndo os [[Setlist|setlists]] de ambas noites e as impresións do batería sobre a marcha das mesmas.
Liña 41:
O primeiro movemento de Elektra tras recrutar a Metallica sería reeditar [[Ride the Lightning]] baixo o seu selo o [[19 de novembro]], á vez que Music For Nations, coa que Zazula tiña un acordo aínda vixente trala fichaxe por Elektra, edita en Europa o single ''Creeping Death'', que contería a suite ''The Garage Days Revisited'', formada polas versións ''Am I Evil?'' de [[Diamond Head]] e ''Blitzkrieg'' do grupo do mesmo nome. A súa vez, iníciase un novo tour europeo, esta vez coordinado por Q Prime con Robert Allen como tour manager, que dá comezo na francesa cidade de Rusen o 16 de novembro e finaliza no London Lyceum de Londres o 20 de decembro tras visitar [[Francia]], [[Alemaña]], [[Dinamarca]], [[Suecia]], [[Suíza]], [[Italia]], [[Finlandia]] e [[Inglaterra]] cun enorme éxito de publico.
 
Finalizada a xira europea, e tras un descanso durante o nadal, Metallica inicia o [[11 de xaneiro]] de [[1985]] un tour polos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e [[Canadá]] xunto ós seus colegas de [[Armored Saint]], a cuxo cantante, John Bush, xa tentaran fichar en varias ocasións con anterioridade, e os [[WASP]] de Blackie Lawless, con quen a banda tivo varios roces debido ó suposto ego dese artista. Sería durante esta xira cando a banda comeza a ser coñecida como ''Alcólica'' polos seus excesos co alcol. A isto uniríase o cartel que colocaron no autobús, ''Non se ría, señor. A súa filla está probablemente dentro'', que daba unha idea da actitude desenfadada do grupo. Tras máis de tres meses na estrada, a xira tería o seu final no Starry Night Clube de [[Portland, Oregon|Portland]].
 
=== Master of Puppets e a morte de Burton ===
Liña 52:
 
=== Black Álbum ===
O seu seguinte traballo faríase agardar ata o ano 1991. Aínda que o álbum non ten nome, e é frecuentemente e oficialmente chamado "Metallica," é mellor coñecido como "The Black Álbum" (''O Álbum Negro''). Foi producido por [[Bob Rock]]. Con cancións como "Enter Sandman", "Holier than Thou", "Sad but True", "The Unforgiven" e "[[Nothing Else Matters]]", vendeu máis de 500.000 copias na súa primeira semana en EEUU, sendo por tanto un dos máis vendidos de todo o heavy metal {{cómpre referencia}}. Só en [[Estados Unidos de América|EEUU]], a RIAA certifica 14 millóns de copias vendidas dende a súa saída á rúa. Logo disto, a banda realizou a xira Wherever I may roam, que durou 2 anos. Despois desta xira, iniciouse un novo tour xunto a Guns n' Roses, o outro grupo rock que por entón era un éxito. Durante a xira, en [[Montreal]], [[Canadá]], a actuación de Guns & Roses foi suspendida e a posterior actuación de Metallica rematou abruptamente cando durante a canción ''Fade To Black'' un lume artificial explotou debaixo de James Hetfield, deixándoo con graves queimaduras. Estes dous feitos provocaron a ira dos fans que causaron violentos escachizamentos.
 
=== Load/Reload ===