Marlon Brando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 1:
[[Ficheiro:Marlon Brando 1948.jpg|miniatura|200px|Marlon Brando.]]
 
'''Marlon Brando''', nado en [[Omaha, Nebraska|Omaha]] ([[Nebraska]]) o [[3 de abril]] de [[1924]] e finado en [[Los Angeles]] ([[California]]) o [[1 de xullo]] de [[2004]], foi un actor [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]]. Está considerado o máximo expoñente do ''[[Method Acting]]'' e conspicuo discípulo do [[Actor's Studio]] e o seu ideólogo [[Le Strasberg]].
 
== Biografía ==
Liña 20:
As cousas cambiaron para Brando cando se lle presentou a oportunidade de interpretar ao xefe dunha familia mafiosa en ''[[The Godfather]]''. Foi Brando quen insistiu en que se fixese unha proba filmada do personaxe interpretado por el, e ocupouse persoalmente da maquillaxe. O director [[Francis Ford Coppola]] quedou impresionado por Brando caracterizado como [[Vito Corleone]] e tivo que loitar por convencer aos produtores para que aceptasen a Brando para este papel.
 
Por esa interpretación Brando conseguiu o seu segundo [[Oscar|Óscar]]. Nesta ocasión Brando rexeitou o Óscar, o cal ocorreu por segunda vez na historia de [[Hollywood]] (a primeira vez rexeitouna o actor [[George C. Scott]]). En lugar de recoller o premio, Brando enviou á cerimonia a unha actriz [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] de orixe [[india]], que se manifestou en contra do tratamento que recibía o seu pobo nas películas de Hollywood.
 
Desde entón a traxectoria de Brando foi moi irregular. Apareceu nalgunhas boas películas, e tamén noutras de pouca relevancia. Interesante foi o seu caracterización como [[Tomás de Torquemada]] en [[Cristovo Colón, o Descubrimento]]. Seguiu sendo considerado acomo un grande actor, polo que interveu tamén en películas nas que apareceu só uns poucos minutos.