Henry Ford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 16:
 
== Ford Motor Company ==
Henry Ford, con outros once inversores e un capital de 28.000 dólares, constituíu en sociedade a [[Ford Motor Company]] en [[1903]]. Nun coche cun deseño novo, Ford conduciu nunha exhibición na que o coche recorreu a distancia dunha milla no lago xeado de Lake St. Clair en 39.4 segundos, que se converteu na nova mellor marca de velocidade terrestre. Convencido polo seu éxito, o famoso piloto [[Barney Oldfield]] quen deu nome a este novo modelo "999" de Ford en honra á locomotora de carreiras do día, levou o coche arredor do país facendo a marca de Ford coñecida en tódolos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Henry Ford tamén foi un dos primeiros financiadores de [[Indianápolis 500]].
 
=== O modelo T ===
En [[1908]], a compañía Ford lanzou o [[Modelo T (Ford)|modelo T]]. De 1909 a 1913, Ford introduciu tamén modelos T desmontados ás carreiras, finalizando o primeiro (aínda que logo foi descualificado) nunha carreira de costa a costa (a través dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]) en [[1909]], e establecendo a mellor marca dunha milla oval en Detroit Faregrounds en [[1911]], sendo o condutor Frank Kulick. En 1913, Ford tentou introducir un Modelo T refeito en Indianápolis 500, pero as regras esixían engadir 1.000 libras (450 Kg) ó coche para poder participar. Fold deixou a carreira, e pouco despois deixou as carreiras de forma permanente, alegando non estar satisfeito coas regras do deporte e ter unha grande demanda de produción do modelo T.
 
A partir de 1913 as carreiras xa non foron necesarias desde o punto de vista da publicidade, pois o modelo T era xa famoso e omnipresente en todas as estradas de América. Foi nese ano cando Henry Ford introduciu as cadeas de montaxe nas súas plantas, o que permitiu un aumento enorme na produción. En [[1918]] a metade dos coches nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] eran modelos T. O deseño, ferventemente promovido e defendido por Herny Ford, había continuar ata 1927 (ben despois de que a súa popularidade minguase), cunha produción total final de 15 millóns de vehículos. Esta marca non había ser superada ata 45 anos despois. Ford dixo "Calquera pode ter un coche pintado da cor que queira mentres sexa negra." (Ver referencia ó final).
 
== A filosofía de fabricación de Ford ==
Liña 28:
En cambio, Ford estaba firmemente en contra dos [[sindicato]]s nas súas fábricas. Para impedir a actividade sindical, contratou a Harry Bennett, encargado do Departamento de Servizo, quen empregou diversas tácticas intimidatorias para acalar ás organizacións sindicais. O incidente más famoso, en [[1937]], foi a sanguenta pelexa entre os homes da compañía de traballadores e os organizadores que pasou a ser coñecida como a [[Batalla do paso elevado]]. Unha sentada levada a cabo polo sindicato ''United Auto Workers'' en [[1941]] permitiu o comezo de negociacións colectivas nalgunhas fábricas de Ford; pero a sindicación non se completaría ata que, en [[1945]], Henry Ford e Harry Bennett deixaran a compañía para sempre.
 
O [[1 de xaneiro]] de [[1919], tralo fracaso na procura dun escano no senado dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], [http://www.senate.gov/artandhistory/history/minute/Senator_Condemned_for_Excessive_Campaign_Expenditures.htm] Henry Ford delegou a presidencia de [[Ford Motor Company]] no seu fillo [[Edsel Ford|Edsel]], aínda que mantiña a súa xestión con man firme - algunhas das decisións da compañía durante a presidencia de Edsel foron levadas a cabo sen a aprobación de Henry, para ser máis tarde revocadas por el. Tamén nesta época, Henry e Edsel adquiriron tódalas participacións dos restantes inversores, pasando así a ser os únicos propietarios da compañía. Esta foi mantida dentro da familia anta 1956, ano no cal permitiu ofertar unha parte da compañía de forma pública sen chegar á perda do seu control.
 
Sobre [[1920]], Ford mercou unha vasta extensión de terra en [[Brasil]], [[Forlândia]], onde fabricaba caucho para os [[pneumático]]s dos seus coches. Isto provocou un desastre financeiro e cando o vendeu en [[1945]], xa perdera unha fortuna.
Liña 44:
 
== The Dearborn Independent ==
Henry Ford adicouse durante a maior parte da súa semi-retirada da compañía Ford á publicación do xornal ''The Dearborn Independent'', que mercara en [[1919]]. O xornal foi publicado durante oito anos, nos cales introduciu nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] un traballo (non escrito polo mesmo Ford) chamado "''[[Os Protocolos dos Sabios de Sión]]''", que foi desacreditado por tódolos historiadores cualificándoo como fraude. A Sociedade Histórica de Xudeus Americanos describe as súa ideas durante este período como anti-inmigrantes, antilaboristas, antialcohólicas e antisemíticas.
 
Ford tamén publicou, baixo o seu nome, varios artigos en contra dos xudeus para o ''Independent'', que foron difundidos a comezos dos anos 20 como un conxunto de catro volumes encadernados, denominados como "O Xudeu Internacional, o Maior Problema do Mundo". Denunciado pola Liga de Antidifamación (ADL), os artigos pola contra condenaban explicitamente a violencia e os [[pogrom]]s aos xudeus (ver Volume 4, Capítulo 80), culpando ao propios xudeus dos incidentes de violencia masiva. Estes artigos foron escritos por varios autores, entre eles a secretaria persoal de Ford Ernest Liebold, de 34 anos. Ningún deles foi escrito realmente por Ford, aínda que por ser el quen os publicaba requirían a súa aprobación verbal.
Liña 51:
 
== Henry Ford e o Nazismo ==
Hai evidencias de que Henry Ford deu a [[Adolf Hitler]] respaldo financeiro cando Hitler estaba introducíndose na política. Isto pode corroborarse en parte polas declaracións de Kurt Ludecke, o representante de [[Alemaña]] nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] nos anos 20, en Winifre Wagner, a nora de Richar Wagner, quen solicitou fondos a Ford para axudar ó [[Movemento Nacional-Socialista]] en [[Alemaña]]. Sen embargo, en [[1933]], unha investigación do congreso sobre o asunto foi incapaz de probar de ningún modo que eses fondos fosen realmente enviados.
 
A [[Compañía Ford]] estivo activa nos agrupamentos de tropas militares en Alemaña antes da [[Segunda Guerra Mundial]]. En 1938, por exemplo, abriu unha planta de montaxe en Berlín co propósito de prover de camións as forzas armadas (''Wehrmacht''). En xullo dese ano, Ford foi condecorado (e aceptou) a Cruz da Orde da Aguia Alemá (''Großkreuz des Deutschen Adlerordens''). Ford foi o primeiro americano e a cuarta persoa en recibir este recoñecemento, na época de Alemaña Nazi, a maior condecoración dada aos estranxeiros. A comezos do mesmo ano tamén se lle outorgara a [[Benito Mussolini]]. A condecoración dada Ford foi como "recoñecemento por seren os primeiros en faceren vehículos de motor dispoñibles para as masas". O galardón foi acompañado por unha mensaxe de parabén de Adolf Hitler.