Futbolín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-[[Bar, local| +[[Bar (establecemento)|)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 91:
Na [[lingua castelá]], tamén hai diferenzas entre algúns países. En [[Bolivia]], [[Colombia]], [[España]], [[México]], [[Perú]] e [[Venezuela]] coñécese coma ''futbolín'', pero recibe diferentes nomes noutros lugares, así na [[Arxentina]] denomínase ''metegol'', en Bolivia úsase tamén o termo ''canchitas''; en [[Chile]] chámase ''taca-taca'' (onomatopeia do son que produce o xogo ó lle dar á bóla); os [[México|mexicanos]] coñéceno tamén coma ''fuchito'', ''fuchín'' ou ''futbolito''; mentres que en [[Uruguai]] coñécese coma ''futbolito''.
 
Ademais en [[Alemaña]] chámase ''kicker'' ou ''tischfußball''; en [[Italia]] ''calcetto'' (de ''calcio''), ''calcio balilla'' ou ''biliardino''; en [[Francia]] ''baby-foot''; na [[lingua inglesa]] ''table football'' (fútbol de mesa) aínda que nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] chámase ''foosball'' (do [[lingua alemá|alemán]] ''fußball'', "fútbol"); nalgunhas rexións de [[Canadá]] coñécese coma ''Jitz''; en [[Turquía]] ''langırt'' (ó igual ca Chile, unha onomatopeia do son que produce o xogo). En [[Bosnia - Hercegovina - Босна и Херцеговина|Bosnia]], [[Croacia]] e [[Serbia e Montenegro|Serbia]], ten o nome de ''karambol'' aínda que en Croacia tamén se usa ''stolni nogomet''. En [[Bulgaria]] coñécese polo nome de ''djaga'' ou ''djagi''.
 
Malia as diversas nomenclaturas, as federacións nacionais, acostuman usar o "nome xenérico" de fútbol de mesa.