Aditivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Liña 148:
* Os glutamatos (potenciadores do sabor, E-620 a E-625) poden provocar náuseas, vómito, diarrea, arritmia e [[depresión (psicoloxía)|depresión]], dando lugar ó que xa se coñece como "''Síndrome do restaurante chinés''" por ser eses aditivos moi utilizados na comida chinesa e nas [[especia]]s.
* O [[agar-]]agar (E-406), utilizado como espesante e xelificante, pode provocar flatulencia.
* A sacarina (E-954) está prohibida en [[Canadá]] e en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] debe etiquetarse coa advertencia de que "pode ser perigoso para a saúde". En Europa non existe ningunha contraindicación.
 
=== Obxeccións dietéticas ou éticas ===
Liña 154:
 
=== Harmonización internacional dos aditivos ===
Outro problema respecto ós aditivos é o feito de que haxa diferentes listas positivas segundo os distintos países, é dicir, substancias autorizadas nun país e prohibidas ou limitadas noutros, como o caso da sacarina que mencionamos antes. Isto representa serias dificultades no mercado internacional e xera unha lóxica desconfianza nos consumidores. A unificación de criterios a este respecto nos países da Unión Europea aínda non é completa e cada país recolle as directivas europeas cos matices e excepcións que considere oportunas. Por outra banda, están tamén as diferencias entre as listas positivas europeas e as establecidas nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] e noutros países no resto do mundo.
 
Existe un comité internacional dependente do [[Codex Alimentarius]], o ''General Standars fo Food Additves'' (GSFA), que traballa na aproximación das diferentes regulamentacións e na harmonización dos aditivos autorizados para establecer unha lista aceptada internacionalmente. Esta codificación identifica os aditivos mediante o número '''SIN''' (Sistema Internacional de Numeración) <ref>Nomes xenéricos e sistema internacional de numeración de aditivos alimentarios (CAC/GL 36-1989; rev. 6 (2001), emenda 4 (2006)) [http://www.codexalimentarius.net/web/standard_list.do?lang=es]</ref>.