Valladolid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m *voltar -> volver
Liña 150:
Durante un tempo, a cidade perde os seus [[privilexio]]s, retirados polo rei [[Carlos I de España|Carlos I]], en represalia pola adhesión de Valladolid ao levantamento dos [[Comuneiros]], que se lle opuxeran. Máis tarde, porén, Valladolid converteuse nunha das capitais do [[Imperio español]] de Carlos, cobrando grande importancia política, xudicial e financeira.
 
O [[21 de maio]] de [[1527]] naceu o futuro [[Filipe II de España|Filipe II]] no ''Pazo Pimentel''. En 1561 a cidade foi arrasada por un vasto incendio, tras o cal Filipe II comprometeuse a reconstruír a cidade, dotándoa da primeira Praza Maior regular de España (modelo de outras máis coñecidas, como a de [[Madrid]], de 1617, ou [[Salamanca]], de 1729). A súa decisión de fixar a corte real en Madrid, no só deixou unha catedral a medio construír, senón que supuxo unha época de decadencia, da que a cidade no comezou a recobrar ata o [[século XIX]]. O [[10 de xaneiro]] de [[1601]], a instancias do [[valido]] de Filipe III, o [[Duque de Lerma]], foi trasladada novamente a corte a Valladolid, mais voltousevolveuse mudar o [[6 de abril]] de [[1606]]. Entre tanto, naceu o príncipe Filipe (8 de abril de 1605), futuro Filipe IV e súa irmá, Ana de Austria, futura raíña de Francia e mai de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]]. Neste curto período de sede real, Cervantes publicou a súa primeira edición do Quixote (pero en Madrid), en 1604, mentres vivía aquí; tamén residiron en Valladolid, nestes anos, [[Francisco de Quevedo|Quevedo]] e [[Luis de Góngora|Góngora]].
 
===Século XIX===