Historia de Istambul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
Liña 80:
Tralo sinal deixado na cidade do "Conquistador" (Fatih), cada sultán quixo deixar a súa pegada con algunha grande obra. Así a [[Mesquita de Bayaceto II]] xunto ao bazar ([[1491]]-[[1506]]).
Pero o esplendor da capital otomana viría da man de [[Suleimán o Magnífico]] e o seu arquitecto [[Sinan]] (a altura do contemporáneo [[Miguel Anxo]]). Con el a arquitectura otomá alcanzaría o clasicismo, conxugando as súas antigas raizames persas coa influencia bizantina exemplificada no modelo de Santa Sofía. A primeira obra mestra será a [[Mesquita Shezade]] ([[1543]]) xunto ao acueduto de Valente.
Nela consegue a integración e claridade espacial que serán canónicas nos interiores das mesquitas otomás, mediante una cúpula central rodeada de catro semicúpulas<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=4388&image_id=137001 Imaxe do interior da Mesquita de Shezade]</ref>. A culminación conseguiuna coa [[Mesquita Suleimaniye]] ([[1557]]), onde voltarávolverá á valoración dun eixo lonxitudinal coma en Sta. Sofía eliminando dúas cúpulas laterais. A súa monumentalidade dominando o Corno de Ouro cos característicos minaretes otománs resulta abraiante<ref>[http://www.yusuftuvi.com/photo_large/Istanbul%20-%20Turkey.htm Imaxe de Hagia Sofia cos seus minaretes]</ref>.
 
Despois de Sinan, seguindo o seu modelo, erixíronse moitas máis mesquitas, entre as que cabe salientar a célebre [[Mesquita Azul]] ([[1609]]-[[1616|16]]) que se alza xunto ao Hipódromo e Sta. Sofía na punta da península, compoñendo un cadro urbano único.<ref>[http://cache.eb.com/eb/image?id=93158&rendTypeId=4 Imaxe da Mesquita Azul na punta da península]</ref> A cidade voltabavolvía a ser a maior do mundo.<ref>[http://historic-cities.huji.ac.il/turkey/istanbul/maps/jaspar_isac_before_1654_istanbul_b.jpg Plano de Istambul antes de 1654]</ref><ref>[http://historic-cities.huji.ac.il/turkey/istanbul/maps/scheffler_ca1730_istanbul_b.jpg Plano de Istambul circa 1730].</ref>
 
== Século XIX ==