Fernando Ruiz de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
Liña 116:
 
==Os derradeiros estertores do petrismo==
Nesta tesitura cruzou o [[río Miño|Miño]] e fíxose cun exército de vellos petristas co que fustigaría [[Galiza]] tomando dimensións desproporcionadas; a don Henrique non lle quedou máis remedio que enviar un numeroso continxente. No [[1370]] don Pedro Manrique e don Pedro Ruiz Sarmiento xunto ás famosas e temidas ''Compañas Brancas'' derrotaron ao conde de Lemos na [[batalla de Porto de Bois]] ([[Palas de Rei]], [[provincia de Lugo|Lugo]]); unha vez máis, e servindo de paralelismo, a Araviana fuxiu ao galope cara [[Portugal]]. Alí permaneceu lambendo as feridas e preparando novas sublevacións ata que a paz de Santarem en marzo de [[1371]] obrigou a Fernando I, entre outras cousas, a deportar aos furibundos petristas refuxiados no seu reino. Atrincheirado no castelo de Ourem, o de Castro negouse a voltarvolver a Castela, pero tivo que renderse ante a evidencia de que xa todo estaba perdido e non merecía a pena continuar por este camiño. A Guiena francesa, en mans inglesas, foi a terra que o acolleu.
 
Fernando Ruiz de Castro e Ponce de León, fillo de don Pedro Fernández de Castro ''O da Guerra''; conde de Castro-Xeriz, Lemos e Sarria; señor de Cabrera e Rivera; Alferez Maior do rei, Pertegueiro Maior de Compostela, Adiantado Maior de Galiza, León e Asturias, bo cabaleiro e guerreiro destacado pola súa lealdade, falecía na Baiona francesa no [[1377]]. Na súa tumba reza o seguinte epitafio: