Bravú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
Formulado dende a periferia de [[Galicia]], o mundo rural, este movemento é a expresión propia dos fillos de campesiños e pescadores, así como da mocidade das barriadas urbanas: insurxente, marcado por un son bravío e sen aditivos, non ten reparos en facerlle as beiras ó heavy (música de barrio á fin e ó cabo) e ós latexos caribeños. Unha identidade que mira, así mesmo, as tradicións populares máis auténticas: sexan [[orquestra]] de verbena, [[gaita]]s de romería, [[pandereteira]]s, charangas, cantos de traballo, lemas sindicais ou slogans [[fútbol|futbolísticos]]. Non en van, os siareiros do [[Depor]] acostuman levar nas súas saídas ó exterior música de grupos senlleiros do bravú, como [[Os Diplomáticos de Monte-Alto]], [[Heredeiros da Crus]] e Os Skornabois.
Outros grupos destacados desta época son [[Xenreira]], Skarnio, Os Papaqueixos, Túzaros, O Caimán do río Tea, Kaos, Ruín Bois, Os Impresentables...
 
O auxe e a caída do bravú coincide coa explosión do denominado novo [[folk]] galego, unha posta ao día da [[música]] popular que viñan dende hai vinte anos espallando por todo o mundo formacións tan carismáticas como [[Milladoiro (música)|Milladoiro]].