Operón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
== Regulación ==
 
O control dun operón é un tipo de [[regulación xénica]] que permite aos organismos regular a expresión de varios xenes dependendo das condicións ambientais. A regulación dun operón pdepode ser negativa ou positiva por indución ou por represión.<ref name=blewin/>
 
O '''control negativo''' implica a unión dun [[represor]] ao operador, que impide a transcrición.
 
* Nos ''operóns inducibles negativos'', a situación normal é que unha [[proteína represora]] regulatoria estea unida sempre ao operador, o cal impide a transcrición dos xenes do operón. Se está presente unha molécula [[indutor (bioloxía)|indutora]], esta únese ao represor e cambia a súa conformación de modo que agora xa non pode permanecer unida ao operador. Isto permite a expresión do operón. Por tanto, son operóns que están sempre "apagados" a non ser que os "encenda" un indutor.
Liña 41:
* Nos ''operóns represibles negativos'', o normal é que a transcrición do operón sempre teñen lugar. Un [[xene regulador]] produce unha proteína represora, pero esta non pode unirse ao operador na súa conformación normal. Porén, certas moléculas chamadas [[correpresor]]es únense á proteína represora, o que orixina un cambio conformacional no sitio activo. Isto activa á proteína represora, que xa se pode unir ao operador, impedindo a transcrición. Por tanto, o operón está sempre "encendido" a non ser que estean presentes á vez o represor e o correpresor.
 
Os operóns pode ser tamén controlados positivamente. No '''control positivo''', unha [[proteína activadora]] estimula a transcrición ao unirse ao ADN (xeralmente nun sitio diferente do operador).
 
* Nos ''operóns inducibles positivos'', as proteínas activadoras normalmente non poden unirse ao seu sitio no ADN. Pero cando se une un [[indutor (bioloxía)|indutor]] á proteína activadora, esta experimenta un cambio conformacional que lle permite unirse ao ADN e activar a transcrición. Por tanto, o operón está "apagado" a non ser que estean presentes á vez o activador e o indutor.