Aparato reprodutor masculino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 21:
===Condutos===
Son o conduto deferente, o conduto exaculador (continuación do anterior) e a uretra.
* '''[[Conduto deferente]]'''. É a continuación do conduto do epidídimo. Ascende facendo un percorrido duns 45 cm ata unirse ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador. Ascende pola parte posterior do testículo, e na zona superior deste únese aos vasos e nervios do testículo e epidídimo, e queda todo o conxunto unido por tecido fibroso, formando o cordón espermático. Ao chegar ao anel inguinal profundo sepáranse os vasos e nervios e o conductoconduto deferente segue só; despois, fai unha curvatura e penetra na pelve menor e conforme se achega á vesícula seminal faise máis groso formando a chamada ampola do conduto deferente.
 
* '''[[Conduto exaculador]]'''. Por encima da próstata o conduto deferente volve a ser máis fino e únese ao conduto da vesícula seminal formando o conduto exaculador de só 2,5 cm de lonxitude, que cursa cara a abaixo e adiante, atravesando a [[próstata]], e desembocando na porción prostática da uretra.