Benito Blanco-Rajoy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3341385
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 3:
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Candidatura derechista para diputados a Cortes por La Coruña, 1936.JPG|miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.]]
Fillo do senador e deputado [[Ramón Blanco-Rajoy Poyán]]. Licenciouse en [[dereito]] en [[1911]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], e doutorouse en [[1913]] na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade de Madrid]]. Ingresou nese mesmo 1913 no Corpo de Avogados do Estado por oposición. Iniciou en [[1919]] a súa carreira política ao ser elixido deputado polo distrito de [[Corcubión]] coa etiqueta do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]] [[Eduardo Dato Iradier|datista]], resultando reelixido en [[1920]] e [[1923]], aínda que xa adscrito ao [[maurismo]]. Nas Cortes Españolas destacou pola súa participación no debate da reforma do [[Código de Comercio]]. En 1921 asumiu o posto de director xeral dos Rexistros e do Notariado.
 
Durante a [[Segunda República Española]] continuou coa súa actividade política, foi deputado independente nas Cortes de 1931 e pola [[CEDA]] nas de 1933 e 1936. Foi decano honorario do Colexio Provincial de Avogados da Coruña de 1930 a 1959<ref>[http://www.icacor.es/sp/pages/menu.asp?pag=20&url=0&nodo=17 Decanos]</ref>.