Fortaleza do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12:
Os proxecto de fortificar Vigo remóntanse ao [[século XVI]], por mor dos frecuentes ataques que sufría a cidade, especialmente por parte dos [[Inglaterra|ingleses]]. Pero non foi até 1665, en plena guerra con [[Portugal]], cando se iniciaron os traballos de fortificación. É, pois, da mesma época que a [[fortaleza de San Lourenzo]], situada en [[Goián, Tomiño|Goián]], na beira do [[Río Miño|Miño]].
 
A muralla construída é irregular por mor á orografía aberta por varias portas e defendida por tres [[baluarte]]s. Na parte máis alta atopábase o forte de San Sebastián. Tras o asedio de 1665, o capitán xeneral de Galicia ordena completar as obras, e foi logo, en 1666 cando o coronel e enxeñeiro Fernando de Gourannanbergue e mais o mestre de campo [[Diego Arias Taboada]] elaboran un intenso plan de fortificación e unión das fortalezas do Castro e de San Sebastián. A xulgar polos escritos da época a cidade nunca quedou ben defendida, pois a fortaleza se encontraba relativamente lonxe do mar e non podía deter os desembarcos. Ademais era doado acadar o cumio sen que o inimigo estivese descuberto. Logo de tres anos rematou a guerra con Portugal e as murallas perderon a súa importancia.
 
Despois de varios intentos de as mellorar, Vigo sofre a sonada [[Batalla de Rande]] (23-24 de outubro de 1702) en plena [[guerra de Sucesión]], onde os invasores desembarcaron e saquearon novamente a vila. Despois disto houbo varios intentos inútiles de fortificación da vila. Cen anos despois, en 1809, o castelo do Castro volve ser protagonista debido á invasión dos franceses encabezada por [[Napoleón Bonaparte]], onde el 28 de marzo, a fortaleza é reconquistada polos vigueses tras unha dura e heroica batalla, trala cal os franceses se renden. A vila dende entón pasa a ter o título de "Fiel, Leal e Valorosa".