Inlandsis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Grenlandia -> Groenlandia (DiRAG: groenlandés, groenlandesa. De Groenlandia ou dos seus habitantes. Persoa natural ou habitante de Groenlandia)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Durante as [[glaciación]]s, a extensión dos inlandsis amplíase considerablemente (na de [[Würm]] ou [[wurmiense]], os dous grandes inlandsis -no do hemisferio sur e o do hemisferio norte- estendíanse dende os polos ata aproximadamente os 45º graos de latitude). Durante os períodos mornos ou cálidos interglaciares o retroceso dos inlandsis deixa destacadas pegadas no relevo das terras emerxidas: en primeiro lugar prodúcese por [[isostasia]] unha lenta elevación do territorio que estivo baixo o xeo, e preséntanse formacións xeofísicas características: ''escudos'' (extensas planicies e chairas debidas á forte erosión dos xeos dun inlandse ao avanzar e retroceder). Isto apréciase especialmente no hemisferio norte onde destacan o ''[[Escudo Canadense]]'' e o ''[[Escudo Escandinavo]]'', [[lago]]s glaciares, outeiros [[morrena|morrénicas]], vales de orixe glaciar, [[fiorde]]s, [[firth]]s, [[ría]]s, xigantescos cantos rodados e (como ocorre na [[Patagonia Arxentina]]) picachos illados (antigos [[nunatak]]s) chamados ''chihuidos''.
 
== Inlandsis da [[Antártida]] ==
O inlandsis [[Antártida|antártico]] constituíuse primeiramente como un [[campo de xeo]] a inicios do [[oligoceno]] con períodos de avance e retroceso ata o [[plioceno]] cando os xeos cubriron a [[M.U.G.]] da Antártida ao situarse esta por a [[deriva continental]] na área polar meridional.
 
O inlandsis antártico cobre un área de máis de 14 millóns de km² ampliandoseampliándose a uns 30 millóns de km² durante o inverno. Coa súa extensión estival de 14 millóns de km² posúe 30 millóns de [[km³]] de xeo, isto significa o 90% da [[auga doce]] do planeta Terra. Se os xeos do inlandsis antártico se derretiranderreteran o nivel dos océanos elevaríase 61,1 m. O [[quecemento global]] xa provocou a case total desaparición das ducias de miles de quilómetros correspondentes á [[barreira de xeos Larsen]] a partir dos [[1980]].
 
== Inlandsis de [[Groenlandia]] ==
O inlandsis grenlandés[[Groenlandia|groenlandés]] actualmente posúe unha extensión de 1,7 millóns de km², isto é, o 82% da gran illa norteamericana de Groenlandia, o volume dos seus xeos é de 2,85 millóns km³, se se fundise o inlandsis grenlandésgroenlandés o nivel dos océanos ascendería 7,2 m. A situación deste inlandsis é actualmente crítica a causa do [[quecemento global]] por factores antrópicos, sendo a velocidade de fusión de 239 km³/ano.
 
== Véxase tamén ==