Juan Bautista Celma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Obras: engado fotografía
Liña 10:
Non se sabe se cumpriu o encargo ou non, pero o proxecto dos púlpitos quedou paralizado. Celma marchou a [[Oviedo]] para rematar outros traballos que tiña empezados e regresou a Galicia en [[1568]] para establecerse definitivamente en Santiago, o que non impediu que fose traballar ocasionalmente a outras cidades galegas e españolas, como Ourense.
 
Na Catedral de Santiago, onde traballou durante máis de 30 anos seguidos, unha das súas primeiras actuacións (1569) foi unha serie de cinco grandes táboas que pechaban os espazos entre as columnas da capela maior. Estaban pintadas polas dúas caras para ser contempladas desde a capela e desde o [[deambulatorio]] e representaban, na cara do altar, escenas da vida e pasión de [[Cristo]], e, na cara do deambulatorio, os misterios gloriosos do [[rosario (cristianismo)|Rosario]]. Hoxe só se conserva parte dunha delas no [[Museo Catedralicio de Santiago de Compostela|Museo da Catedral]], no que se ve un fragmento da [[Resurrección]], por unha cara, e da [[Epifanía]], pola outra.
 
Tamén son obra súa os sepulcros do cardeal Xoán Martínez Ternero (1581) e de Mencía de Andrade (1582), conservados nas capelas da Catedral de Santo André e da Azucena respectivamente.
 
Así mesmo é de Celma o busto do papa [[Clemente I, papa|San Clemente]], tamén en bronce, que a Catedral expón na capela das Reliquias.
[[Ficheiro:Santiago, Catedral 08-01a.JPG|miniatura|250px|Mecanismo do Botafumeiro]]
 
En [[1604]] deseñou e dirixiu a construción da estrutura metálica que soporta as poleas que permiten o movemento pendular do [[Botafumeiro]], por encargo do arcebispo [[Juan de Sanclemente]]