Juan de Sanclemente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 7:
Entre as moitas obras que mandou realizar en Santiago pódense citar a reparación da muralla da cidade, a da ábsida de Santa Susana e a urbanización da [[Fachada do Paraíso|praza do Paraíso]] (actual praza da fachada da Acibechería, das Catedral).
 
En [[1589]] ordenou esconder as [[Reliquias cristiás|reliquias]] (entre as que se atopaban as do Apóstolo) e outros obxectos artísticos e vestidos litórxicoslitúrxicos, ante o temor ás incursións de [[Piratería|piratas]] ingleses, especialmente de [[Francis Drake]] que ameazara Compostela tras desembarcar na [[A Coruña|Coruña]]. As reliquias foron retiradas do seu lugar de culto e soterradas no solo da ábsida do templo ó lado da capela maior. Co tempo, perdeuse a memoria do lugar onde as agochou e non foron redescubertas ata xaneiro do ano [[1879]], durante as escavacións dirixidas por [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]].
 
Unha irmá de Sanclemente está enterrada na capela de san Xoán (antes, de santa Susana) da catedral compostelá.