Gravidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
Liña 86:
# Consonte coa gravidade newtoniana (con transmisión instantánea de forza gravitacional), se o [[Universo]] é [[Euclides|euclidiano]], estático, de densidade uniforme en media positiva e infinito, a forza gravitacional total nun punto é unha [[serie (matemáticas)|serie]] diverxente. Noutras palabras, a gravidade newtoniana é incompatible cun [[Universo]] que sexa euclidiano, estático, de densidade uniforme en media positiva e infinito.
Para o primeiro destes problemas, [[Einstein]] e [[David Hilbert|Hilbert]] desenvolveron unha nova teoría da gravidade chamada [[relatividade xeral]], publicada en [[1915]]. Esta teoría predí que a presenza de materia "distorsiona" o entorno espazo-tempo local, facendo que liñas aparentemente "rectas" no espazo e no tempo teñan características que son normalmente asociadas a liña "curvas".
Aínda que a relatividade xeral sexa, en canto teoría, máis precisa que a lei de Newton, require tamén un formalismo matemático significativamente máis complexo. En vez de describir o efecto de gravitación como unha "forza", Einstein introduciu o concepto de [[espazo-tempo]] curvo, onde os corpos se moven ao longo de traxectorias curvas.