Alberto Barreiro Docampo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "ALBERTO_BARREIRO_DOCAMPO_"Warren".jpg" que foi borrado en Commons por Fastily. Motivo: Media missing permission as of 6 March 2013
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
== Música tradicional ==
A andaina no mundo da música comeza na escola da Asociación Cultural Semente Nova de [[Moaña]], baixo a dirección de [[Nazario González Iglesias]] "Moxenas", Santiago Budiño Fernández e [[Iván Costa Blanco]]. É en 1996 cando forma xunto a outros sete músicos o grupo [[Fiandola]] na cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]] no que participa de percusionista, gaiteiro e acordeonista. En 2011 participa como acordeonista e gaiteiro solista no proxecto As Beiras do Ulla, formado polos grupos A Ponte Vella, de Reis, Teo, e Tequexetéldere, de A Estrada; para asistir ao Festival Intercéltico de [[Lorient]].
 
O traballo que desenvolve como mestre de música tradicional desenvólvese a partir do ano 2000 e entre os grupos e escola que dirixe están: Dorna, da Illa da Arousa (desde 2000); grupo de acompañamento do grupo de baile Fortín da Pomba, de Bandeira, Silleda (desde 2001); escola de música e charanga de A Ponte Vella, de Reis, [[Teo]] (desde 2008); grupo de gaitas Airiños do Frade, de [[Cabanas]] (desde 2010), e o grupo de música tradicional A Zanfona da Obra Social NovaCaixaGalicia, de Compostela, (desde 2005).