Abrir o menú principal

Cambios

m
Eliminouse a referencia ó ficheiro "John-cabot.jpg" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:John-cabot.jpg
[[Ficheiro:bristol.john.cabot.500pix.jpg|miniatura|dereita|100px|John Cabot no porto de Bristol]]
'''Giovanni Caboto''', coñecido en [[Lingua inglesa|Inglés]] como '''John Cabot''', nado arredor do [[1450]] e finado contra [[1499]], foi un [[navegador]] e [[explorador]] [[Italia|italiano]]. É considerador o primeiro [[Europa|europeo]] moderno en descubrir o continente norteamericano en [[1497]].
 
'''Giovanni Caboto''' ou, ás veces, '''Xoán Caboto''', nado contra o 1450 e finado en 1499, foi un comerciante, navegante e explorador [[italia]]no considerado coma un dos primeiros europeos da época moderna en chegar en 1497 á parte continental de [[Norteamérica]].
== Traxectoria ==
Foi probablemente debido ás noticias do descubrimento das "Indias" por [[Cristovo Colón]] que se decidiu a encontrar unha ruta ao oeste por si mesmo. Foi cos seus plans a [[Inglaterra]], porque pensou incorrectamente que as [[especia]]s proviñan do norte de [[Asia]]; e o grao de lonxitude é máis curto canto máis alonxado se está do [[ecuador]], así que a viaxe dende a [[Europa]] occidental á Asia oriental sería máis curta en latitudes elevadas.
 
== Traxectoria ==
[[Categoría:Exploradores]]
Xoán Caboto naceu sobre o ano 1450 en [[Xénova]], Italia, segundo din os documentos que falan da súa familia.
 
===En Venecia===
Sobre o ano 1461 Caboto vivía en [[Venecia]] onde pasou a súa infancia e xuventude. No ano 1482 aproximadamente casou coa tamén veneciana Mattea, coa que tivo tres fillos: Ludovico, Sebastián e Sancio.
 
Igual que o seu pai, dedicouse ó comercio. Comerciaba cos portos do [[Mediterráneo]] do leste, ata converterse nun experto mariñeiro. Comerciaba principalmente con valiosas mercadorías asiáticas coma especies, seda, pedras preciosas e metais que chegaban a [[Europa]] por vía terrestre ou a través do [[Mar Vermello]].
 
=== En España ===
Sobre o ano 1490, Caboto e a súa familia mudáronse a [[Valencia - València|Valencia]]. É probable que fose nesta cidade onde se propuxo seguir os pasos do seu compatriota [[Cristovo Colón]] e comezou a formar parte das exploracións ó [[Océano Atlántico]]. Os países líderes destas exploracións eran por aquel entón [[Portugal]] e [[España]] e os monarcas de ámbolos dous países desexaban atopar novas rutas para conseguir as riquezas da Asia. Estas rutas tiñan que evitar penetrar polo Mediterráneo, onde as cidades italianas exercían un amplo monopolio. Mais entre estas pretensións había outra tamén de menos peso, pero importante naquelas datas, e era a da expansión do cristianismo para deter o avance musulmán.
 
Porén, nin España nin Portugal se interesaron por Xoan Caboto. Por un lado, os portugueses xa atoparan a ruta cara Asia a través do sur de África, pasando polo [[Cabo de Boa Esperanza]], e os españois tamén tiñan a súa ruta que Colón viñera de descubrir en 1493.
 
===En Inglaterra===
O resultado deste cúmulo de situacións foi a mudanza de intencións de Caboto, quen se dirixiu a Inglaterra na busca de oportunidades, xa que neste reino aínda non se iniciaran as exploracións a tanta escala como nos países peninsulares. Así pois, en 1494 Caboto instálase en [[Bristol]] coa súa familia e inicia relacións con mercaderes do porto e mesmo co rei [[Enrique VII]]. A súa idea asemellábase á de Colón e pretendía chegar á Asia dirixíndose cara o oeste atravesando o Atlántico norte, xa que consideraba que esa ruta era máis rapida que a recén descuberta por Colón.
 
En Inglaterra, Caboto conseguiu finalmente as axudas que lle foran denegadas en España e Portugal e os comerciantes de Bristol acordaron financiarlle a expedición. Non foi de estrañar, xa que os comerciantes deste porto eran coñecidos polas súas viaxes anteriores a Caboto, a redor de 1480, das que se di que nalgunha delas puideron alcanzar as costas de Terranova e Labrador nas súas ansias de busca de comercio.
 
==Viaxes==
[[Ficheiro:Matthew-BristolHarbour-Aug2004.jpg|miniatura|220px|Matthew de Xoán Caboto]]
Enrique VII concedeulle a Caboto e ós seus tres fillos o dereito a buscar illas e países paganos con cinco barcos que levarían a bandeira inglesa, baixo a que se sometían. A expedición partiu dende Bristol no ano 1497 e estaba encabezada polo Matthew, e a bordo do mesmo chegaron a [[Terranova|Newfoundland]], Canadá, crendo que chegaran ás costas asiáticas de [[Cipango]]. Caboto regresou a Inglaterra ó pouco tempo e un ano despois organizou outra viaxe na que se di que chegou ata [[Grenlandia]] polo norte e á [[baía de Chesapeake]] polo sur. A partir de 1499 non se tiveron máis noticias del.
 
Estes descubrimentos pode que non fosen de grande importancia económica, mais co tempo convertéronse na base para as reivindicacións inglesas sobre Norteamérica.
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Paso do Noroeste]]
 
===Ligazóns externas===
[http://www.mgar.net/var/cias_ame.htm Historia - documentos americanos]
 
[[Categoría:Personalidades|Xoan Caboto]]
 
[[bs:John Cabot]]
[[fr:John Cabot]]
[[lt:Džonas Kabotas]]
[[pt:John Cabot]]
15.446

edicións