Ligando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
::''Este artigo trata sobre os ligandos en bioquímica. Para os ligandos en coordinación de metais e química inorgánica ver [[ligando de coordinación]].''
[[Ficheiro:Myoglobin and heme.png|miniatura|300px|dereita|A [[mioglobina]] (azul) co seu ligando [[hemo]] (laranxa) unido. Baseado en [http://www.rcsb.org/pdb/explore/explore.do?structureId=1MBO PDB - 1MBO].]]
 
En [[bioquímica]] e [[farmacoloxía]], un '''ligando''' (do latín ''ligandum'', unión) é unha substancia (xeralmente unha pequena molécula), que forma un [[Complexo (química)|complexo]] cunha [[biomolécula]] para realizar unha función biolóxica. Nun senso máis estrito, é unha molécula que desencadea un sinal ao unirse a un sitio de unión nunha [[proteína]] diana. Entre os ligandos están os [[Substrato encimático|substrato]]s, [[inhibidor encimático|inhibidores encimáticos]], [[activador (proteómica)|activador]]es, e [[neurotransmisor]]es.
 
A unión do ligando ten lugar por [[forzas intermoleculares]], como [[enlace iónico|enlaces iónicos]], [[enñace de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] e [[forzas de van der Waals]]. A unión ou "atraque" co receptor (a asociación entre ambos) é xeralmente reversible, polo que despois se produce a disociación. É raro nos sistemas biolóxicos que se una por medio dun [[enlace covalente]] irreversible. A diferenza do significado que ten ligando en [[metalorgánica]] e [[química inorgánica]], en bioquímica é ''irrelevante'' que o ligando se una a un sitio metálico, comopero si ocorre nalgúns casos, como na [[hemoglobina]].
 
A unión do ligando a un [[Receptor (bioquímica)|receptor]] (proteína receptora) altera a súa forma tridimensional (conformación). O estado conformacional dunha proteína receptora determina o seu estado funcional. Entre os ligandos están os [[Substrato encimático|substrato]]s, [[inhibidor encimático|inhibidores encimáticos]], [[activador (proteómica)|activador]]es, e [[neurotransmisor]]es. A tendencia ou forza de unión co seu receptor denomínase afinidade. A afinidade de unión está determinada non só polas interaccións directas, senón tamén polos efectos do disolvente, que pode chegar a ter un efecto indirecto dominante na formación de enlaces non covalentes na solución.<ref>{{Cite journal |pmid=20695475 |year=2010 |last1=Baron |first1=Riccardo |title=Water in Cavity-Ligand Recognition |volume=132 |issue=34 |pages=12091–12097 |journal=Journal of the American Chemical Society |doi=10.1021/ja1050082 |pmc=2933114 |last2=Setny |first2=Piotr |last3=Andrew Mccammon |first3=J.}}</ref>
 
Os [[radioligando]]s son compostos etiquetados con [[radioisótopo]]s, que se utilizan [[in vivo]] como [[trazador radioactivo|trazadores]] nos estudos con [[tomografía de emisión de positróns]] (PET) e para estudos de unión de ligandos [[in vitro]].