Envoltura celular bacteriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
Nas '''[[espiroqueta]]s''' o citoplasma, membrana plasmática e parede forman o chamado cilindro protoplásmico. Ademais a bacteria posúe unha membrana externa formada por múltiples capas chamada "envoltura celular" ou "vaíña externa" que rodea completamente o cilindro protoplásmico. Os flaxelos da bacteria están dentro desa envoltura externa e fan que a bacteria se flexione e se mova.
 
Ademais do peptidoglicano, algunhas bacterias e moitas [[arquea]]s presentan na parte máis externa da súa envoltura celular unha capa superficial paracristalina de proteína ou [[glicoproteína]], denominada '''[[capa S]]''', xeralmente de simetría hexagonal.
 
Adicionalmente, no exterior da bacteria pode formarse tamén unha '''[[cápsula bacteriana|cápsula]]''' con material segregado pola bacteria, mais neste caso considérase que é unha acumulación de material e non parte da célula. Porén, estas capas externas danlle á bacteria determinadas propiedades protectoras ou aumentan a súa virulencia.