Illa de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
É posible que este artigo viole os dereitos de autor. O contido deste artigo semella unha infracción dos dereitos de autor, dado que o texto procede da seguinte fonte: http://www.isladetoralla.com
revertendo por violación de copyright
Liña 1:
{{Copyvio|http://www.isladetoralla.com}}
{{Coordenadas|42|12|N|08|48|W|display=title}}
 
Liña 12 ⟶ 11:
}}
 
'''Toralla''' é unha pequena [[illa]] situada na costa sur da [[ría de Vigo]], separadaa uns 500200 [[metro]]s da terra[[praia firmedo Vao]]. Pertence ao concello de [[Vigo]] e está achegada ás parroquias de [[Coruxo, Vigo|Coruxo]] e [[Oia, Vigo|Oia]].
 
Está urbanizada, e está comunicada coa costa viguesa por unha [[ponte]] de uso público. A urbanización incontrolada da illa desde os anos 60 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.{{cómpre referencia}} Dentro deste último inclúese un importante [[castro (poboado)|castro]] da [[Idade do Ferro]], con evidencias de comercio mediterráneo, e unha [[necrópole]] [[Roma antiga|romana]]. En 2010 abriuse o museo da [[Villa Galaico-Romana de Toralla]], á beira da praia do Vao,
A illa ten unha extensión de 45.000 m2 de propiedade privada e 24.400 m2 de terreo de dominio público cedidos en concesión á [[Universidade de Vigo]] como sede de [[Estación de Ciencias Mariñas]] (ECIMAT) e dunha e Estación de Salvamento Marítimo pertencente á Sociedade Estatal de Salvamento e Seguridade Marítima, organismo dependente do Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral da Mariña Mercante.
 
Posúe dúas pequenas praias ao final da ponte que a une a terra, unha a cada lado do estribo deste e xusto á entrada da illa. A media marea teñen unha anchura de aproximadamente 20 metros, e unhas lonxitudes de 80 e 120 m respectivamente.
 
A illa até mediados do século XX era un pequeno illote rochoso cunha pequena praia orientada ao sur-leste e cunha vexetación tipo [[matogueira]]. Hoxe está intensamente urbanizada, e comunicada coa costa viguesa por unha [[ponte]] de uso público ([[ponte de Toralla]]). A urbanización incontrolada da illa desde os anos 60 destruíu o patrimonio natural e cultural da illa.{{cómpre referencia}} Dentro deste último inclúese un importante [[castro (poboado)|castro]] da [[Idade do Ferro]], con evidencias de comercio mediterráneo, e unha [[necrópole]] [[Roma antiga|romana]].
 
Fornte a illa e ao comezo da ponte atópase á esquerda desta a [[praia do Vao]] (hai poucos séculos a illa estaba unida á praia cunha lingua de area, de aí o nome de [[Vao (pasaxe)|vao]]), e á dereita o arboredo de Toralla (antigo eido de Mirambell) onde baixo a dirección da Universidade de Vigo se musealizou unha ''villa'' galaico-romana, exposta ao público e dun enorme interese para que xunto a outros máis de 100 depósitos arqueolóxicos dean a coñecer a importancia que tivo a cidade de Vigo na época romana. En 2010 abriuse oficialmente o museo da [[Villa Galaico-Romana de Toralla]].
 
En [[2009]] tiña unha poboación de 135 habitantes, deles 76 son homes e 59 mulleres ([[IGE]]).
 
Na illa desenvólvese parte da trama do libro ''[[Ollos de auga]]'', do autor [[Domingo Villar]].
 
==Medio Natural==
[[File:FAV2011 Aspa 1.jpg|thumb|right|350px|Vista da illa]]
===Flora===
A comezos do [[século XX]] a vexetación da illa era en case a súa totalidade unha [[Ulex|toxeira]] con [[Erica (xénero)|uces]], ao igual que se pode ver hoxe en día nas [[illas Ronseis]], dúas pequenas illas situadas á entrada da baía de [[Baiona]]. As [[árbore]]s plantáronse na segunda decena do século pasado por [[Martín Echegaray Olañeta]] despois de lle comprar a illa a don Enrique Lameiro Sarachaga no ano 1910. Daquela plantación consérvanse aínda algúns exemplares, xa case centenarios.
Por mor á falla de mantemento, practicamente en estado de abandono, a que estivo sometida a illa durante máis de 35 anos, concretamente dende 1939 até1975 e tamén, como consecuencia dos temporais do inverno, unha gran parte de aquel arboredo perdeuse.
Foi a partir da urbanización da illa, en 1975, cando as comunidades de propietarios decidiron destinar unha partida nos seus orzamentos anuais para a recuperación das zonas verdes e o repoboación destas con novo arboredo [[Planta ornamental|ornamental]].
Actualmente a illa conta con exemplares bos exemplares de [[piñeiro rubio|piñeiros rubios]] e [[piñeiro manso|mansos]], [[loureiro]]s, [[castiñeiro]]s, [[cerdeira]]s, [[lamigueiro]]s, [[umeiro]]s, e especialmente especies exóticas coma [[Eucalipto azul|eucaliptos]], [[alcipreste]]s, [[araucaria]]s, ''[[Metrosideros excelsa|Metrosideros excelsa]]'', [[lagunaria]]s, [[oliveira]]s, [[cedro]]s ou [[abeto]]s. O estrato [[arbusto|arbustivo]] estaría representado por especies propias da [[xardinaxe]] exótica coma: [[tamarindo]]s (''Tamarindus indica''), [[Melaleuca|árbores do té]], [[envónimo]]s, [[ligustro]]s, [[mirto]]s, [[Pittosporum|pitosporo]]s, e un longo etc.
====Fungos====
Nos meses do outono medran gran variedade de [[cogomelo]]s comestibles, como o [[Tricholoma equestre|níscaro amarelo]] (''Tricholoma equestre''), a [[andoa]] (''Boletus edulis''), os [[níscaro]]s (''[[Lactarius deliciosus]]'') e (''[[Lactarius sanguifluus]]''), ademais de varias clases de [[champiñón]]s, etc. Medran tamén cogomelos velenosos, como o [[rebentabois]] (''Amanita muscaria'') ou o [[Amanita phalloides|pan da morte]] (''Amanita phalloides'').
 
===Fauna===
====Aves====
As [[aves]] mariñas teñen unha grande importancia sendo unha illa e malia estar moi urbanizada, [[gaivota]]s (nomeadamente a especie [[Gaivota patiamarela|patiamarela]] tan abundante na ría), [[Corvo mariño|corvos mariños]] principalmente. No ano 1977 soltáronse na illa dúas parellas de [[Pombo torcaz|pombos torcaces]]. Actualmente a colonia desta ave supera os 200 exemplares e é, probabelmente, unha das maiores de toda Galiza. Aniñan e crían na illa dende entón e dado o seu carácter sedentario o seu número seguirá medrando.
 
Na illa soen morar parellas de [[pega]]s, tres de [[corvo]]s, entre seis e oito de [[merlo]] común, un bo número de [[Pardal común|pardais]] e, tamén [[xílgaro]]s, [[Pimpín común|pimpín]]s, [[paporroibo]]s, [[Ferreiriño abelleiro|ferreiriños]] e outros. Contan, para o seu sustento, con abundancia de insectos, larvas, [[Miñoca|lombriga]]s, sementes, [[baga]]s etc., ademais de auga doce, con varios bebedoiros e un pequeno estanque, que se construíron para eles.
 
Merece especial mención a enorme colonia de [[estorniño]]s, con bandadas de centos de exemplares.
 
====Mamíferos====
Dende hai anos e de forma permanente existe na illa unha pequena colonia de [[esquío]]s. Descoñécese como chegou á illa, aínda que se supón que proceden do antigo terreo de Mirambell, situada ao outro lado da ponte. O seu número rara vez excede de tres parellas, a pesar de que crían na illa, debido probablemente a que autorregulan a súa poboación en función da extensión do territorio, e da comida que dispoñen neste. Aliméntanse, maioritariamente, das abundantes [[Piña (coníferas)|piña]]s que fornecen os [[piñeiro]]s.
 
===Protección da Illa===
A illa non pertence ao [[parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia]] e carece de figura algunha de protección en gran parte polo seu carácter privado.
 
==Etimoloxía==
“Toralla” parece vir de ''tor'' (monte) , de procedencia pouco clara, mais crese que ten base céltica. O profesor e toponimista, Sr. Sacau, pensa, eclecticamente, que “toralla” obedece a unha estrutura feminina latina de base celta, “tor”, e o sufixo latino “alia”, simplificación de terra: “toralia”, terreo en forma dun pequeno outeiro. E logo engade unha serie de topónimos que significan elevación: “Turido” (Alcabre), “Toural” (Teis), “Tourada” (Navia), “Tourón” (Oia), “Torroña”, (Santa María de Oia) etc.
O de Toralla é o nome que lle corresponde á zona costeira. O nome correcto sería '''Illa Toralla''' e non Illa de Toralla.
 
==Historia==
===Época castrexa===
[[Ficheiro:Vila romana e salinas de Toralla - Vigo.jpg|right|thumb|300px|''Villa'' galaico-romana e salinas na finca Mirambell ao outro lado da ponte.]]
 
Todo o sur da ría de Vigo foi dende o principio dos feitos históricos un lugar excepcional como o demostra o gran número de depósitos arqueolóxicos cuxas pezas se conservan en diferentes museos, E de aí, tamén, os seus valiosos petróglifos situados nos outeiros achegados ao mar nos que se desenvolveron os primeiros grupos poboacionais. Un deles foi a illa Toralla, un [[Castro (poboado)|castro]] importante cunha altitude de 18 metros e unha coroa de 7 metros de eixo leste-oeste e 30 m de eixo norte-sur. Estaba arrodeado por unha muralla de 2-3 metros de groso e 1 m de alto. Nas vivendas circulares, escavadas en campañas varias, atopáronse mostras de cerámica indíxena e [[ánfora]]s. O castro de Toralla foi localizado en 1913 no extremo suroeste da illa, foi parcialmente escavado en 1970 por Álvarez Blázquez con motivo da urbanización da zona e en 1990 por Hidalgo Cuñarro nun dos escasos solares que aínda quedaban sen construír. En principio, trátase dun asentamento esencialmente prerromano (dende o século IV a.C. até o cambio de era).
 
A necrópole, descuberta en 1913 na zona media da illa, actualmente axardinada cun parque infantil, ten algúns materiais (tixolos, cerámicas, un estilete de bronce,...) que indican que pertence á era romana ou tardorromana. É probábel, polo tanto, que sexa coetánea co [[Villa Galaico-Romana de Toralla|xacemento da punta de Toralla]], constituíndo quizais o cemiterior dos habitantes da ''villa''. E é que daquela a illa estaba unida á costa por unha lingua de area.
 
===Antigüidade===
Hai que pensar que nesa época foron moitas as expedicións de [[fenicio]]s, [[Grecia|grego]]s e [[Cartago|cartaxinese]]s que percorreron a ría na procura de ''casiterita'' ([[estaño]]) necesario para fabricar o [[bronce]] e nos anais están os nomes dos expedicionarios, anteriores á romanización. Moitos nomes de lugares, hoxe, teñen a súa orixe na que usaron, por primeira vez, os visitantes, coas lóxicas variacións que sinala a [[toponimia]].
 
Non se conseguiu localizar documentación que acredite, con certeza, a quen pertencía realmente a illa antes do [[século XIX]], o que non ten nada de estraño pola serie de loitas constantes, coas típicas depredacións dos vencedores. Aínda que hai historiadores que se inclinan polo Bispado de Celanova, existen documentos, no arquivo da [[Catedral de Tui]], que supostamente dan fe de que a illa era propiedade do Bispado de Tui e, máis concretamente, do mosteiro de Coruxo. Non hai dúbida, en todo caso, que eran bens da igrexa.
 
===Século XIX===
Á chegada de Juan Álvarez Mendizábal, financeiro e político, de orixe xudía e tendencia liberal, á Presidencia do Goberno en 1835, unha das súas primeiras disposicións lexislativas foi suprimir, por decreto, a maioría das ordes relixiosas e, en 1836, a venda en poxa pública dos bens de mosteiros e conventos.
 
A raíz da Desamortización, a illa de Toralla foi adquirida por D. [[Francisco Javier Martínez Enríquez]], marqués de Valladares. En 1884 créase a sociedade ''Cordelera Ibérica'', fábrica de [[cordoaría]] que constitúe a primeira construción moderna que se produce na illa.
 
A primeira inscrición rexistral data do 4 de xullo de 1895, en que D. Enrique Lameiro Sarachaga, propietario da illa na citada data, fai constar a súa compra a dona María Dolores Elduayen Martínez, sobriña e herdeira do marqués de Valladares, por escritura do día 30 de abril de 1892. Na escritura de venda cítase expresamente, como título de propiedade da vendedora, o testamento que o marqués outorgou ao seu favor ante o notario de Vigo, D. Severo González, o 10 de febreiro de 1888.
 
Anteriormente, no ano 1882, D. Enrique Lameiro Sarachaga e D. Enrique Daviña arrendan parte da illa, para construír unha fábrica de salmoira. (Hai tres décadas podíanse ver algunhas laxas con canlóns de desaugadoiro utilizados como pavimento provisional durante algunha obra, que moitos visitantes supoñían de épocas castrexas.)
A illa foi vendida polo Sr. Lameiro Sarachaga a D. Martín de Echegaray Olañeta, un indiano que volveu rico da Arxentina, o 4 de outubro de 1910, segundo consta na escritura outorgada ante o notario de Vigo, D. Casimiro Velo de la Viña e inscrita ao seu nome, no Rexistro da Propiedade, con data do 16 de xuño de 1911.
 
===Século XX===
Don Martín, o 11 de agosto de 1911, invitou a unha xira con ágape na súa pequena illa, a un selecto grupo de conspicuos cidadáns, entre os cales naceu unha idea e proposta que no futuro sería un dos logros máis importantes para Vigo: a creación dunha sociedade que fixese realidade a instalación dos tranvías, os cales comezaron a funcionar tres anos despois daquel xantar, ─rito tradicional para botar a andar, sempre, un bo negocio─, o 10 de agosto de 1914.
 
Con data do 21 de outubro de 1965, por escritura outorgada ante o notario de Vigo, D. Alberto Casal Rivas, os herdeiros de D. Martín Echegaray Olañeta formalizan a venda da illa ao matrimonio formado por D. José Manuel Kowalski Fernández e dona Mercedes Peyrona Díez de Güemes, para a sociedade conxugal de gananciais. Inscríbese no Rexistro da Propiedade a nome de ambos os dous, o 27 de xaneiro de 1966. A compra da illa foi un traballo enormemente laborioso pois empregáronse catro anos en localizar os máis de vinte e seis herdeiros de D. Martín Echegaray residentes en España, Arxentina, México, Francia e Estados Unidos.
 
O 16 de decembro de 1965, por escritura do notario de Vigo, D. Alberto Casal Rivas, D.José Manuel Kowalski e os irmáns D.Guillermo y D.Ramiro Vázquez Lorenzo, constitúen a compañía mercantil Toralla, S.A. e o Sr. Kowalski achégalle á sociedade a illa de Toralla, como contrapartida a 100 accións. Figura esta inscrición no Rexistro da Propiedade con data do 27 de setembro de 1966.
 
A sociedade denominada ''Toralla, sociedade anónima'' ten por obxecto a adquisición, tenza e realización de bens inmobles na illa de Toralla, Canido─Vigo, incluíndo neste a construción e explotación en réxime de concesión administrativa, peaxe ou por calquera outro procedemento, de pontes, camiños e de centros de turismo, deporte ou recreo. De acordo co seu obxecto social Toralla, S.A. realiza o seguinte proxecto inmobiliario: constrúe unha [[Ponte de Toralla|ponte]] dende a [[praia do Vao]] ata a illa, logo de obtención de correspondente concesión administrativa por 99 anos.
Consegue 3 concesións administrativas para obras de defensa contra o mar e servizos.
Con todos os permisos municipais en regra desenvolve unha urbanización e dá lugar a dous tipos de edificacións claramente diferenciadas. Por un lado construíuse nun extremo rochoso da illa un edificio singular, denominado '''''[[Torre de Toralla]]''''' con capacidade para 136 vivendas dunha superficie entre 47 e 2.113 m2 cada unha, cuxo proxecto é obra do arquitecto vigués, [[Xosé Bar Boo]], que non obstante non o chegou a rematar, por importantes diferenzas de criterio cos promotores. Por outra banda distribúense 34 parcelas unifamiliares polo que en conxunto existen na actualidade na illa 170 vivendas, cunha poboación total estimada de 800 habitantes.
Como complemento das edificacións mantivéronse, e mesmo incrementáronse sobre as xa existentes, amplas superficies de arboredo e [[xardín]]s, e responde desta forma a un acordo co daquela goberno municipal vigués.
 
Así mesmo, construíronse dúas [[Estación depuradora de augas residuais|depuradora]]s de augas residuais, por ambas as dúas comunidades existentes na illa, actuacións estas que poden considerarse como pioneiras no ámbito de influencia da ría de Vigo.
 
O chan da illa está incluído no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo coa cualificación de solo urbano edificábel.
 
===Ampliación===
O inicial Consello de Administración de ''Toralla, S.A.'' intentou construír outro edificio, denominado ''Edificio Parque'', composto de semisoto, baixo e nove plantas con capacidade para 85 vivendas, dunha lonxitude de aproximadamente 120 metros e rodeando por detrás o parque da illa. A Comisión Municipal Permanente do Concello de Vigo en reunións do 18 de febreiro e 3 de xuño de 1975 denega a licenza de edificación do “Edificio Parque” argumentando entre outros criterios que o dito edificio fixese aumentar a densidade de poboación da illa ata unha cifra incompatíbel coa debida protección do hábitat e medio, así como, debido á súa grande extensión en lonxitude, supuxese unha barreira visual inaceptábel. Isto leva a un enfrontamento entre as partes que dura 3 anos e o anterior Consello de Administración de Toralla, S.A. obtén unha sentenza do Tribunal Supremo con data do 3 de maio de 1978 que autorizaba a Toralla, S.A. a posíbel construción do “Edificio Parque” mais con tres alturas (nivel a rente das árbores), co que se prolonga o intento de levar a cabo á dita construción.
 
O actual Consello de Administración de Toralla, S.A. (á cuxa sociedade non pertence xa ningún dos antigos accionistas) foi consciente no momento da compra da sociedade (agosto de 1984) de que asumía un rexeitamento importante e unha mala imaxe provocada pola existencia dun edificio de 70 metros de altura e pola imposibilidade de acceso ás pequenas praias públicas a través da ponte, entón privada.
Baseándose no anteriormente dito e con obxecto, na medida do posíbel, ofrecer un servizo público na illa e mellorar a mala imaxe que se arrastraba permitiron á Universidade de Vigo construír a Estación de Ciencias Mariñas, reconstruíron o dique, e asinaron en decembro de 1997 coa Sociedade Estatal de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR) un contrato de cesión de uso, cunha duración de 15 anos e prorrogábel, para instalar na azotea da torre de 1.200 m2, toda clase de antenas e equipos accesorios que faciliten o sistema de cobertura de comunicacións do Centro Local de Coordinación de Salvamento Marítimo, así como utilizar un local-soto do edificio para situar un xerador de urxencia que lles poida proporcionar subministración de enerxía aos equipos accesorios citados e aproveitar os condutos da instalación eléctrica xa existentes no edificio para realizar o tendido de cables do local-soto á azotea.
 
Por Orde ministerial do 21 de xuño de 1990 do [[Ministerio de Medio Ambiente]] revisouse a concesión da ponte outorgada a Toralla, S.A. que mantendo o uso privado deste, se fai compatíbel co seu uso público o que permitiu a partir dese momento o acceso peonil ás dúas praias públicas existentes na illa, polo que hoxe, un terzo da illa é pública pois pertence á Universidade de Vigo por concesión administrativa do Ministerio de Medio Ambiente con data de xaneiro de 2004.
 
==A Ponte==
{{AP|Ponte de Toralla}}
 
==Universidade de Vigo==
Despois de varios anos tratando Vigo de encontrar terreos na beira do mar, nunha zona de augas limpas e aptas para a instalación dunha [[Estación de Ciencias Mariñas]] e de fracasar en todos os seus intentos, a oferta de Toralla, S.A. para se instalar na illa, foi inmediatamente aceptada por esta e en xuño de 2003 asina un convenio con Toralla, S.A. e desígnase ao entón vicereitor de Investigación, D.Salustiano Mato de la Iglesia, a consecución e xestión do importante proxecto da Estación de Ciencias Mariñas que deseña o arquitecto vigués Xosé Carlos Rodríguez Otero e determínanse xa as tres fases que se poñerán en funcionamento tan cedo como a Dirección Xeral de Costas lle conceda a concesión á Universidade de Vigo dos 24.400 m2 de superficie para o desenvolvemento do seu proxecto.
A Estación de Ciencias Mariñas (ECIMAT) é un centro de investigación mariña pertencente á Universidade de Vigo inaugurado en xuño de 2006 e dirixido dende entón por D. Ricardo Beiras García-Sabell, investigador de ecoloxía mariña e profesor titular da Universidade de Vigo.
Presenta un edificio central onde se encontran os equipamentos xerais do centro, sala de tratamento e bombeo de auga mariña, laboratorios con equipo de apoio á investigación, pañol de mergullo. E cinco pequenos edificios modulares con laboratorios húmidos que albergan a nove grupos de investigación pertencentes á [[Universidade de Vigo]].
 
==Polémica==
A polémica arrodea a illa, principalmente pola propiedade privada desta e pola construción nos anos 70 da [[torre de Toralla]] de 70 metros de altura sobre un [[Castro (poboado)|castro]] galaico e unha [[necrópole]] romana, que, ademais do dano arqueolóxico, mudou a paisaxe da ría. Dende varios colectivos cidadáns esíxelle ás administracións públicas a desprivatización da illa<ref>http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2007/10/la-isla-de-toralla.html#!/2007/10/la-isla-de-toralla.html</ref>.
 
==Galería de imaxes==
<center><gallery>
Ficheiro:Vila romana e salinas de Toralla - Vigo.jpg|Vila romana e salinas.
Ficheiro:Rotores e Toralla 2007.jpg|''Rotores de Portugal''.<ref>Patrulla acrobática no Festival Aéreo Internacional de Vigo 2007, dende a [[praia de Samil]], detrás a Illa de Toralla.</ref>
Ficheiro:Coruxo, Vigo. Galiza.jpg|Solpor.
Liña 124 ⟶ 32:
== Véxase tamén==
* [[Villa Galaico-Romana de Toralla]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.isladetoralla.com/ Web con toda a información da illa en galego, castelán e inglés]
 
{{commonscat|Illa de Toralla}}
Liña 136 ⟶ 41:
{{ORDENAR:Toralla}}
[[Categoría:Illas galegas]]
[[Categoría:Vigo]]
[[Categoría:Lugares de Vigo]]
 
[[Categoría:Coruxo, Vigo]]
[[ca:Illa de Toralla]]
[[es:Isla de Toralla]]