Legionella pneumophila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 52:
== Obtención de nutrientes ==
 
Unha vez que está dentro da célula [`[hóspede]], ''Legionella'' precisa nutrientes para crecer e reproducirse. Dentro dos vacúolos a dispoñibilidade de nutrientes é baixa, a gran demanda de [[aminoácido]]s da bacteria non está cuberta co transporte dos aminoácidos libres que se encontran no [[citoplasma]] do hóspede. Para mellorar a dispoñibilidade de aminoácidos, o parasito promove o mecanismo da degradación [[proteasoma|proteasómica]] do hóspede. Isto xera un exceso de aminoácidos libres no citoplasma das células infectadas por ''L. pneumophila'', que pode utilizarse para a proliferación intravacuolar do parasito.
 
Para obter aminoácidos ''L. pneumophila'' utiliza o efector AnkB bona fide F-Box effectorAnkB, o cal é [[farnesilación|farnesilado]] pola actividade de tres encimas do hóspede localizados na membrana dos vacúolos que conteñen a ''Legionella'', que son: [[farnesyltransferase]] (FTase), encima protease 1 convertidora de Ras (RCE1), e a isoprenil cisteína carboxil metil transferase (IcmT). A [[farnesilación]] permite que AnkB se ancore no lado citoplásmico do vacúolo.
 
Unha vez que AnkB está ancorado na membrana do vacúolo, este interacciona co complexo SCF1 ubiquitina ligase e funciona como unha plataforma para o atraque no vacúolo de proteínas poliubiquitinadas ligadas a K48.