Fernando Ruiz de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3327239
Liña 35:
A esta ofensa tan grave e tan sentida polo cabaleiro galego, debemos sumarlle a acusación que fai na contra de don Pedro, de que este o quixo matar nun torneo celebrado en Valladolid en relación co casamento deste con dona Branca. Foi entón cando reuniu ao seu exército e partiu a reunirse cos trastamaristas. Estes acollérono sen reparos xa que tiña nome, importantes riquezas e Galiza seguiríao sen dificultades. Amais, tiña merecida fama de excelente loitador.
 
O capítulo da sedición de Fernando de Castro abriuse cos famosos episodios de Salvaterra. Atravesaría a fronteira con [[Portugal]] establecéndose en [[Monção]], nos sucesivos nove días pasaría a raia cara Galiza e ante notario faría pública a súa desvinculación (desnaturalización) do rei de Castela polas afrontas citadas anteriormente. A continuación marchará a reunirse cos outros sediciosos: Henrique de Trastámara e [[Juan Alfonso de Alburquerque]]. Logo de diversas tentativas de chegaren a algún tipo de acordo con don Pedro e de acoller a máis descontentos, ao fin reuníronse en [[Toro, España|Toro]] ([[provincia de Zamora|Zamora]]); ou máis ben cabería dicir que o rei foi retido contra a súa vontade na vila por estes cabaleiros. Alí repartíronse diversos cargos da corte, o de Castro foi nomeado Mordomo Maior.
 
Solucionado o incidente reclama tamén a man de Xoana, irmá do de Trastámara, coma lle prometeran, da cal, segundo afirma López de Ayala, estaba profundamente namorado e que coñecera na corte onde esta se criara. As nupcias contraéronse en Toro e seguidamente volveu a Galiza acompañado da esposa.