Mario González Zaera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Fillo de Dimas González García, comerciante de Matilla de los Caños (Valladolid), que casou en Sarria con Ascensión Zaera Vázquez. Propietario do Laboratorio de especialidades farmacéuticas Kober en [[Sarria]], foi impulsor de [[Falange Española]] en 1933. En 1935 foi nomeado Xefe Provincial de Lugo. O 18 de agosto de 1936 foi nomeado xefe territorial de [[Falange Española]] de Galicia. Asociado con [[Manuel Saco Rivera]], realizou unha actividade abusiva no ámbito económico, subscricións que non foron entregadas ás oficinas recadadoras da Subscrición Patriótica e detraeron importantes cantidades de diñeiro da tesourería de Falange, sen comprobante ningún, extorsións, violencia física e asasinatos perpetrados por Falange, tamén contra autoridades militares e relixiosas. Foi xulgado xunto a Eduardo Gómez Rodríguez, coñecido por Requejo, xefe comarcal de FE-JONS de Sarria. Foi cesado como xefe territorial de Galicia, sendo nomeando Delegado da Xunta de mando para as [[Illas Canarias]] durante un mes, transcorrido o cal foi trasladado a Salamanca como encargado de recruta e propaganda. En 1937 xunto con [[Manuel Hedilla]] e outros falanxistas que non querían acatar o Decreto de unificación, foi arrestado, acusado de traizón contra Franco e xulgado en consello de guerra en 1938. Foi condenado a morte, pero a sentenza foi conmutada pola de reclusión a perpetuidade. Permaneceu pouco máis de dous anos encarcerado cumprindo a sentenza, e foi finalmente indultado.
 
==Véxase tamén==