Alostería: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
A '''alostería''',<ref>Do grego ἄλλως, ''állos'', outro, στερεός, ''stereós'', espazo, e -ία. ''-ía''.</ref> '''alosterismo''' ou '''regulación alostérica''', é un mecanismo polo que un [[enzima]] modifica a súa actividade cando a súa estrutura espacial queda transformada por unha molécula orgánica que se fixa nun punto (''punto alostérico'' ou ''centro alostérico''), diferente do punto ou centro activo do enzima ([[sitio encimáticoactivo|''punto enzimático'']] ou ''centro enzimático''). Este mecanismo desempeña un papel esencial nos procesos de regulación xenética, e constitúe o principal sistema de regulación dos [[bioquímica|ciclos bioquímicos]].
 
Este concepto plantexárono [[Jacques Monod]], Jeffries Wyman e Jean-Pierre Changeux nunha serie de artigos, o máis importante dos cales se publicou en 1965 en ''Journal of Molecular Biology''.<ref>{{cita publicación |autor=J. Monod, J. Wyman e J.P. Changeux |ano=1965 |mes=May |título=On the nature of allosteric transitions: A plausible model |publicación=Journal of Molecular Biology |volume=12 |número=1 |páxinas=88–118 |doi=10.1016/S0022-2836(65)80285-6 }}</ref>